Hugo Pratt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1989

Hugo Pratt foi un debuxante de banda deseñada italiano, creador do aventureiro Corto Maltés.

Naceu en Rímini, Italia o 15 de xuño de 1927, pero criouse e estudou en Venecia. En 1937 marchou coa súa nai a Abisinia, colonia italiana na actual Etiopía, onde o seu pai era funcionario. Con trece anos alistouse como voluntario no Batallón Autónomo da Policía de Africa Italiana. Con 17 anos regresa a Italia. Nese momento xa é un apaixonado da banda deseñada norteamericana. Funda conxuntamente con Ongaro, Faustinelli e Battaglia o "Grupo de Venecia" para realizar historietas ao estilo americano. Debutou no ano 1945 publicando a súa primeira historieta Asso di Picche (As de Picas). En 1950 o grupo viaxa á Arxentina contratado pola Editorial Abril.

Na Arxentina vai ser onde cre as súas personaxes Sarxento Kirk (1953) e Ernie Pike (1956). En 1959 fai a súa primeira historieta integral Ann e Dan (ou Ana da Xungla), á que segue Capitán Cormorant (1962) e Wheeling (1962). Volta a Italia no 1963, onde en 1967 comeza a saga d´A balada do Mar Salgado, onde aparece por primeira vez o aventureiro Corto Maltés, a súa personaxe mais coñecida. No 1969 crea Os Escorpións do Deserto, saga que narra as aventuras e desventuras do tenente(ascendido a capitán e logo a maior) polaco Koinski pertencente a seción dos Escorpións do Deserto integrada no Exercito do Nilo que actuou na África de 1940 durante a II Guerra Mundial. Entre o ano 1970 e 1973 comeza a publicar na revista francesa ¨Pif¨ os episodios das aventuras do Corto Maltés que serán as que lle den o recoñecemento e a fama. Dos anos setenta ata principios dos noventa debuxará e escribirá as longas sagas do Corto (dende Corto Maltés en Siberia (1974) ata (1988) ).

En todos os seus traballos pálpase a presenza dos grandes autores de aventuras aos que admiraba (Joseph Conrad, Hermann Melville, Stevenson, Kipling, Jack London, Antoine de Saint-Exupéry, etc.).

Tanto Corto como Koinski e outros personaxes principais creados polo seu xenio caracterízanse por falar cos seus actos e ser moi parcos no uso das palabras. A mais os seus actos veñen determinados polos ideais individuais e non polos factores externos cunha forte tendencia antisistema, creando deste xeito antiheroes cuxos actos os converten en defensores dos débiles e da vida humana por riba de calquera outro valor.

Logo de vivir en Italia, Etiopía, Arxentina, Brasil e Francia, asentouse en Lausana, (Suíza) onde morreu o 20 de agosto de 1995.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Asso di picche / L'as de pique / As de picas.
  • Sargento Kirk.
  • Ticonderoga (1957-1958), con guión de Héctor Oesterheld.
  • Ernie Pike (1957-1959), guión: H. Oesterheld.
  • Fanfulla.
  • Ana da Xungla / Ann y Dan / Anna nella giungla / Ann of the Jungle / Ann de la jungle (1959).
  • Capitan Cormorant (1962).
  • Wheeling (1962).
  • Corto Maltés / Corto Maltese (1967-92):
    • A balada do mar salgado / La Ballade de la mer salée (1967).
    • Baixo o signo de Capricornio / Sous le signe du Capricorne (1970).
    • Sempre un pouco máis lonxe / Corto toujours un peu plus loin (1970).
    • As célticas / Les Celtiques (1971).
    • As etiópicas / Les ethiopiques (1972).
    • Corto Maltés en Siberia / Corto sconta detta Arcana / Corto Maltese en Sibérie (1974).
    • Fábula de Venecia / Favola di Venezia - Sirat Al-Bunduqiyyah / Fable de Venise (1977).
    • A casa dorada de Samarcanda / La casa dorata di Samarcanda / La Maison dorée de Samarkand (1980).
    • A xuventude de Corto / La Jeunesse de Corto (1981).
    • Tango (1985).
    • As helvéticas / Elvetiche / Les Helvétiques (1987).
    • Mu (1988).
  • Os Escorpións do deserto / Gli scorpioni del deserto / Les scorpions du desert / The Scorpions of the Desert (1969-92):
    • Les scorpions du désert [episodio 1] (1969-73).
    • Piccolo chalet... (1975).
    • Aixadas Dancali / Vanghe Dancale (1980).
    • Dry Martini Parlor (1982).
    • Brise de mer (1992).
  • Sven - L'homme des Caraïbes (1976).
  • A mancumba do gringo / La macumba du gringo (1977).
  • Ao oeste do Edén / À l'Ouest de l'Éden (1978).
  • Xesuita Joe / Jesuit Joe (1980).
  • Tutto ricominciò con un'estate indiana.
  • Cato Zulu (1984-88).
  • O gaucho (1991), dibuxos: Milo Manara.
  • Saint-Exupéry - O último vo / Saint-Exupéry - Le dernier vol (1994).
  • Morgan (1995).
  • Verán indio, dibuxos: Milo Manara.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]