Huesca - Uesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°8′24.37″N 0°24′32.03″W / 42.1401028°N 0.4088972°W / 42.1401028; -0.4088972

Huesca - Uesca
Escudo de Huesca.svg Flag of Huesca.svg
Casino de Huesca.
A fonte das musas. Catedral de Huesca.
Huesca desde o aire. Monasterio de San Pedro el Viejo.
Las Pajaritas de Ramón Acín.

Cidade de Huesca

Situación xeográfica
Huesca, Spain location.png
Estado: España España
Comunidade Autónoma: Aragón Aragón
Provincia: Huesca
Comarca: Hoya de Huesca
Xeografía
Altitude: 488 msnm
Superficie: 14,9 km²
Poboación
Poboación total: 51.117 hab. (INE 2008)
Densidade de poboación: 317,5 hab./km²
Xentilicio: Oscense
Información
Código postal: 22002
Alcalde: Fernando Elboj Broto (PSOE)
Sitio na web: www.ayuntamientohuesca.es

Huesca ou Uesca[1] (en castelán antigo e catalán: Osca) é unha cidade española, capital da provincia de Huesca e da comarca Hoya de Huesca, situada ao norte da comunidade autónoma de Aragón. O xentilicio correspondente a esta cidade é o de oscense.

Índice

Xeografía [editar]

Huesca está situada a sudoeste da súa provincia, en territorio do Somontano pirenaico, caracterizado por pequenas elevacións, aínda que ás veces abruptas (os mallos), que alternan con chairas e depresións. Nunha destas, chá e feraz,regada polo río Isuela, érguese a cidade ("Hoya de Huesca").

O clima é mediterráneo continentalizado.

Historia [editar]

En época prerromana, os ilergetes ocupaban a rexión oscense. A cidade denominábase Bolskan, e cuñaba moeda no século II a.C.

Durante o século I a.C., con o nome de Osca, era xa unha cidade plenamente romanizada. Foi capital da Hispania de Sertorio, revirada contra a República Romana. Suponse que Sertorio morreu nesta cidade.

Foi elevada á categoría de municipio por Augusto no ano 30 a.C., máis dependente con todo de Cesaragusta. Plinio o Vello sitúa Osca na rexión que chama Vescitania. Probabelmente é a mesma cidade que Estrabón cita como Ileoscan. Creuse que tiña minas de prata, cousa que o Pde. Flórez puña en dúbida.

Vista de Huesca desde a catedral

Logo da etapa visigoda e da invasión árabe, Osca pasou a ser controlada polos musulmáns, que a chamaron Wasqa. Fronteira enfronte dos reinos cristiáns do norte, foron insistentes os intentos de asedio que sufriu, o que tornou a cidade nunha base militar de primeiro rango.

No ano 1094 o rei cristián, Sancho III de Aragón, tentou, unha vez máis, tomar Huesca, construíndo preto o castelo de Montearagón, pero morreu dunha setada, cando realizaba un recoñecemento da muralla. Dous anos logo, na primavera de 1096, un exército cristián, liderado polo rei Pedro I, asediou a cidade durante seis meses. Huesca foi entregada ao rei Pedro, o 26 de novembro de 1096, que trasladou a capital do reino de Aragón para a cidade. Porén, cando en 1118, o rei Afonso o Batallador, tomou Zaragoza, Huesca deixou de ser a capital, pois a cidade recentemente tomada seríao desde entón.

En 1837, o pretendente carlista, Carlos María Isidro, tomou a cidade.

Durante a Guerra Civil, Huesca caíu en mans dos militares sublevados. Os intentos das tropas republicanas por retomala varias veces, foron inútiles, a pesar de dominar a próxima Montearagón.

Patrimonio artístico [editar]

Portada da Sé de Huesca
  • Catedral, gótica, edificada entre 1275 e 1515, sobre construcións anteriores. Altar-mor obra de Damián Forment. Posúe fermosas capelas e notábel cripta. Vitrais de Francisco de Valdivieso. O claustro, porén, é románico.
    • Museo diocesano.
    • Pazo episcopal.
  • Igrexa de San Pedro o Vello, igrexa románica con interesante claustro do mesmo estilo. Sepulcros de reis aragoneses. Altares do XVI e XVII.
  • Igrexa de San Miguel, obra de transición románico-gótica.
  • Igrexa de San Lourenzo, edificación complexa, con obra gótica, e fachada barroca. Pinturas de Jusepe Martínez.
  • Igrexa dos santos Domingos e Martiño, gótica en orixe, con reformas barrocas.
  • Igrexa de San Vicente, barroca, en ladrillo.
  • Seminario da Santa Cruz, con igrexa de 1571, que conserva a ábsida, anterior, gótica.
  • Casa do Concello, obra tardo-renacentista de Miguel de Allué, sita na mesma praza da catedral.
  • Colexio Imperial, datado en 1534, na mesma praza que o edificio devandito.
  • Conxunto da Universidade Sertoriana, contén entre outros:
    • Pazo dos Reis de Aragón,
    • Zuda árabe,
    • Museo Provincial, exhibe desde frescos románicos a coleccións pictóricas de mestres renacentistas, barrocos e outros.

Festas [editar]

Oscenses ilustres [editar]

Cidades irmandadas [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Concellos de fala aragonesa | provincia de Huesca

Abiego | Abizanda | Adahuesca | Agüero | Aínsa-Sobrarbe |Aísa | Albero Alto | Albero Bajo | Alberuela de Tubo | Alcalá del Obispo | Alerre | Almudévar de Cinca | Almunia de San Juan | Alquézar | Angüés | Ansó | Antillón | Aragüés del Puerto | Ardisa | Argavieso | Arguis | Ayerbe | Azara | Azlor | Bagüés | Bailo | Banastás | Barbastro | Barbués | Barbuñales | Bárcabo | Benasque | Berbegal | Biel-Fuencalderas | Bierge | Biescas | Bisaurri | Biscarrués | Blecua y Torres | Boltaña | Borau | Broto | Caldearenas | Campo | Canal de Berdún | Canfranc | Capella | Casbas de Huesca | Castejón de Sos | Castejón del Puente | Castiello de Jaca | Castillazuelo | Colungo | Chía | Chimillas | Estada | Estadilla | Fago | Fanlo | Fiscal | Fonz | Foradada de Toscar | El Frago | La Fueva | Gistaín | El Grado | Graus | Hoz de Jaca | Hoz y Costeán | Huerto | Huesca | Ibieca | Igriés | Ilche | Jaca | Jasa | La Sotonera | Labuerda | Longás | Laluenga | Perdiguera | Lascellas-Ponzano | Laspuña | Loarre | Loporzano | Loscorrales | Lupiñén-Ortilla | Mianos | Monflorite-Lascasas | Monzón | Murillo de Gállego | Naval | Novales | Nueno | Olvena | Palo | Panticosa | Peñas de Riglos | Peraltilla | Perarrúa | Pertusa | Piracés | Plan | Pozán de Vero | La Puebla de Castro | Puente la Reina de Jaca | Puértolas | El Pueyo de Araguás | Quicena | Robres | Sabiñánigo | Sahún | Salas Altas | Salas Bajas | Salillas | Sallent de Gállego | San Juan de Plan | Sangarrén | Santa Cilia | Santa Cruz de la Serós | Santa Eulalia de Gállego | Santa Liestra y San Quílez | Santa María de Dulcis | Secastilla | Seira | Senés de Alcubierre | Sesa | Sesué | Siétamo | Tardienta | Tella-Sin | Tierz | Torla | Torralba de Aragón | Torres de Alcanadre | Torres de Barbués | Valle de Bardají | Valle de Hecho | Valle de Lierp | Vicién | Villanova | Villanúa | Yebra de Basa | Yésero

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: