Hudjefa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hudjefa foi un mandatario da segunda dinastía de Exipto. Gobernou c. 2711-2709 adC (von Beckerath)

O seu nome figura entre Neferkasocar e Khasekhemui na Lista Real de Saqqara e o Canon Real de Turín, onde se consigna un mandato dun ano, oito meses e catro días.

Posiblemente se tratase dun xerarca que só gobernaba na rexión do delta do Nilo.

Predecesor:
Neferkasocar
Faraón
Segunda dinastía
Sucesor:
Sejemib