Hubert Davis
| Hubert Davis | |
|---|---|
| Posición | Base |
| Dorsal | 44, 24 |
| Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
| Peso | 83 kg (183 lb) |
| Nacemento | 17 de maio de 1970 (43 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1992–2004 |
| NBA Draft | 1992 / Rolda: 1 / Elección: 20
Escollido por New York Knicks |
| Universidade | North Carolina |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 5 583 (8,2 pp) |
| Rebotes | 1 045 (1,5 pp) |
| Asistencias | 1 172 (1,7 pp) |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
Hubert Ira Davis Jr., nado o 17 de maio de 1970 en Winston-Salem, Carolina do Norte, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). É sobriño do tamén xogador profesional Walter Davis.
Índice |
Carreira[editar]
Asistiu á Universidade de Carolina do Norte, onde fixo 21,4 puntos por partido na súa última tempada, consagrándose como un fiable tirador de tres puntos. De feito, fixo unha media de puntos meirande que a de calquera outro xogador de baloncesto baixo a tutela do adestrador Dean Smith, incluso Michael Jordan.
Foi seleccionado na 20ª posición do Draft da NBA de 1992 por New York Knicks. Estivo en activo até 2004, pasando por New York Knicks, Toronto Raptors, Dallas Mavericks, Washington Wizards, Detroit Pistons e New Jersey Nets. Dende 2008 traballa como analista do baloncesto universitario e aparece en College Gameday, un show da ESPN.