Rotgaudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hrodgaud de Friúl»)
Infotaula de personaRotgaudo
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morte776 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Friuli (en) Traducir (774–776) Editar o valor em Wikidata

Rotgaudo (ou Hrodgaud) (? – post 776) foi duque longobardo de Friúl do 774 ao 776, en asociación con Pedro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Son moi escasas as informacións sobre o seu ducado. Moi probabelmente era xa duque no reinado de Desiderio, mesmos e algunhas fontes francas (os Einhardi annales) refiren que na súa instalación no trono de Cividale tería estado Carlomagno, preto x ada súa conquista da Langobardia Maior (774). Pouco máis tarde, (775), o duque rebelouse contra o soberano, rompendo os xuramentos de fidelidade estreitados co rei franco. Se cadra esta acción teríamos que a encadrar nunha máis vasta conxura, denunciada polo Hadrián I, na que estarían tamén os bizantinos, Arechis II (duque de Benevento), Rexinbaldo (duque de Chiusi), Hildeprando (duque de Spoleto) e que buscaba devolver a Adelchis no trono longobardo. Carlomagno en todo caso pasou rapidamente os Alpes e conxurou a revolta, derrotando a Rotgaudo, que morre nun campo de batalla. Os únicos duques que apoiaron a Rotgaudo foron Gaido (duque de Vicenza) e Estabilinio (duque de Treviso). Xusto nesta última cidade, Carlomagno celebrou a Pascua o 14 de abril de 776, sancionando a derrota total dos revoltosos. Moitos nobres rebeldes foron deportados a Francia (entre eles Arichis, o irmán de Paulo Diácono), mentres os seus bens foron confiscados (como no caso de Waldando e Aión).

Tras a deposición de Rotgaudo o ducado foi entregado a personalidades fieis ao emperador, no cadro dunha máis ampla reordenación dos seus dominios co pase dos ducados longobardos a condados francos.

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán, 1992).
  • Annales Regni Francorum, in Annales Regni Francorum qui dicuntur Annales Laurissenses Maiores et Einhardi, ed. F. Kurze, Monumenta Germaniae Historica, Scriptores rerum Germanicarum separatim editi 6, Hannoverae 1895 (rist. 1950)
  • Codex Carolinus, ed. W. Gundlach, Monumenta Germaniae Historica, Epistolae III, Berolini 1892, pp. 469–657

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jörg Jarnut, Storia dei Longobardi (Torino, Einaudi 2002)
  • H. Krahwinkler, Friaul im Frühmittelalter: Geschichte einer Region vom Ende des fünften bis zum Ende des zehnten Jahrhunderts, Wien, 1992.
  • S. Gasparri, Il passaggio dai Longobardi ai Carolingi, in Il futuro dei Longobardi. L'Italia e la costruzione dell'Europa di Carlo Magno, Catalogo della mostra, a cura di C. Bertelli, G. P. Brogiolo, Milán, 2000.