Hovet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 59°17′41″N 18°04′55″L / 59.294861111111, 18.081944444444

Hovet
Esterior.
Datos
LocalizaciónEstocolmo, Suecia Suecia
Outros nomesJohanneshovs Isstadion (1955-2000)
Construción
Inauguración4 de novembro de 1955
Estadio
Capacidade8.094 espectadores
PropietarioSGA Fastigheter
LocalíaAIK IF (Svenska hockeyligan)
Djurgården IF (Hockeyallsvenskan)
Eventos
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1963

Hovet (anteriormente coñecido como Johanneshovs Isstadion), é un pavillón deportivo da cidade de Estocolmo, Suecia. Os seus principais usos son para partidos de hóckey sobre xeo, concertos e eventos corporativos. Neste pavillón xogan os seus partidos como locais os dous principais equipos de hóckey sobre xeo da cidade, o AIK IF da Svenska hockeyligan (máxima categoría) e o Djurgården IF da Hockeyallsvenskan (segunda categoría), se ben tamén xogaron nel IK Göta, IFK Stockholm, Stureby SK, Mälarhöjden/Västertorp, Brinkens IF, AC Camelen, e Hammarby IF en distintos períodos, e dende a súa primeira tempada o Bajen Fans IF (renomeado Hammarby IF en honor ao antigo club) xoga cada ano un partido en Hovet. Ten unha capacidade oficial de 8.094 espectadores para partidos de hóckey sobre xeo, e 8.300 espectadores para concertos.

Historia[editar | editar a fonte]

O pavillón foi inaugurado o 4 de novembro de 1955 cun partido entre as seleccións de hóckey sobre xeo de Suecia e Noruega, no que a selección anfitrioa venceu por 7 goles a 2. O deseño orixinal foi do arquitecto sueco Paul Hedqvist. En 1962 engadiuse un teito ao pavillón para a disputa do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1963. Durante o outono de 2002 cambiáronse todas as butacas e engadiuse unha zona de restauración.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Hovet fact sheet" (PDF). AB Stockholm Globe Arena. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de outubro de 2006. Consultado o 21 de novembro de 2013.