Hospital do Rebullón
Coordenadas: 42°12′13″N 08°39′46″W / 42.20361°N 8.66278°W
O Hospital do Rebullón é un centro psiquiátrico de titularidade pública. É o único dos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo que non se atopa nesta cidade senón no concello veciño de Mos.
Historia [editar]
O hospital naceu por iniciativa da Deputación Provincial de Pontevedra como centro de internamento psiquiátrico. Respondía a un concepto de tratamento dos enfermos psiquiátricos que priorizaba o internamento dos "tolos" por enriba do seu tratamento médico e a súa integración social.
Nos anos noventa, seguindo as disposicións de Ley General de Sanidad de 1986, o hospital integrouse no SERGAS.
Estrutura [editar]
Os cambios na forma en que se trataba aos pacientes psiquiátricos e a creación de unidades de saúde mental nos hospitais do Meixoeiro e Xeral determinou que o edificio fose quedando case baleiro. Deste xeito as de`pendencias foron ocupadas por distintos servizos:
- Edificio principal, adicado á hospitalización e tratamento de enfermos psiquiátricos.
- Base de ambulancia do 061.
- Dependencias e COGAMI (atención á discapacidade).
- Arquivo xeral de historias clínicas do CHUVI.
- Almacéns.