Hortense Fiquet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A señora Cézanne no invernadeiro, 1891-1892, óleo sobre lenzo, 92 × 73 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nova York.

Marie-Hortense Fiquet, nada en Saligney (Distrito de Dole, no departamento de Xura) o 22 de abril de 1850[1] e finada en 1922, foi a compañeira, máis tarde dona e musa, de Paul Cézanne, pintor posimpresionista do século XIX e comezos do XX.

Cando o artista coñeceuna, ela traballaba como libreira. En 1870, Hortense viaxou con Cézanne a L'Estaque, para evitar que fose recrutado. Tiveron un fillo chamado Paul en 1872. Despois trasladáronse co seu fillo a Auvers-sur-Oise. Durante anos, a relación ocultouse ao pai de Cézanne. Non casaron ata 28 de abril de 1886 en Aix-en-Provence. As relacións posteriores entre o artista e a súa muller foron difíciles, e co tempo ela marchou a París. O irmán de Hortense tiña unha casa dende a que se vía a montaña Sainte-Victoire en L'Estaque, monte que lle impresionou e fíxose o tema de numerosos cadros de madurez. As dificultades financeiras fixeron que volvese á Provenza, pero permaneceron en habitacións separadas. A diabetes do pintor, diagnosticada en 1890, provocou comportamentos que afectaron ao seu matrimonio. A morte da nai do pintor, en 1897, permitiulle reconciliarse coa súa muller, aínda que a súa relación seguiu sendo tormentosa. En 1902, fixo un borrador de testamento excluíndo á súa dona da súa herdanza e deixándollo todo ao seu fillo. Aparentemente a relación estaba de novo rota; dise que ela queimou os recordos da súa nai.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]