Horses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Horses
Álbum de Patti Smith
Publicado10 de novembro de 1975
Gravación1975
Estudio(s)Electric Lady Studios (Nova York, Estados Unidos)
Duración43:26
Xénero(s)punk rock, protopunk, garage rock
Selo(s)Arista Records
Producido porJohn Cale
Cronoloxía
Horses Radio Ethiopia
(1976)

Horses é o nome do primeiro álbum da música e poeta Patti Smith, un dos máis recoñecidos dentro da escena punk de Nova York, editado o 10 de novembro de 1975 polo selo discográfico Arista Records. A pesar de carecer dun sinxelo popular para promocionar o traballo e de non ser emitido polas radios, o álbum experimentou un modesto éxito comercial, chegando ao número 47 da lista estadounidense Billboard 200.[1]

Dende o seu lanzamento o disco foi visto polos críticos como un dos máis importantes e influentes álbums xa non só da historia do punk rock, senón tamén da do rock and roll. Horses foi citado tamén como unha influencia clave por un bo número de artistas de post-punk e de rock alternativo, como Siouxsie and the Banshees, R.E.M., The Smiths, PJ Harvey e Hole.

En 2003 a revista estadounidense Rolling Stone colocouno no posto 44 da súa lista dos 500 mellores álbums de tódolos tempos,[2] e no 2013 no décimo dos 100 mellores álbums debut.

Portada[editar | editar a fonte]

A fotografía da portada do álbum foi realizada por Robert Mapplethorpe, un bo amigo de Smith, usando luz natural. O triángulo de luz na parede foi produto da luz ao solpor. A compañía discográfica quixo facer varios retoques, incluíndo quitar a pelusa do bigote de Smith, ao que ela mesma se negou.[3]

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Cara A[editar | editar a fonte]

  1. "Gloria: In Excelsis Deo / Gloria (version)" (Patti Smith, Van Morrison) – 5:57
  2. "Redondo Beach" (Smith, Richard Sohl, Lenny Kaye) – 3:26
  3. "Birdland" (Smith, Sohl, Kaye, Ivan Kral) – 9:15
  4. "Free Money" (Smith, Kaye) – 3:52

Cara B[editar | editar a fonte]

  1. "Kimberly" (Smith, Allen Lanier, Kral) – 4:27
  2. "Break It Up" (Smith, Tom Verlaine) – 4:04
  3. "Land: Horses / Land of a Thousand Dances / La Mer (De)" (Smith, Chris Kenner) – 9:25
  4. "Elegie" (Smith, Lanier) – 2:57

Pista adicional (só en CD e versión dixital)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Patti Smith". Billboard. Consultado o 2020-04-09. 
  2. "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). 
  3. Thorgerson, Storm; Powell, Aubrey (1999). 100 Best Album Covers: The Stories Behind the Sleeves (en inglés). ISBN 0-789-44951-X.