Horizonte de expectativas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O horizonte de expectativas (en alemán Erwartungshorizont) describe os criterios que a persoa lectora utiliza para xulgar un texto literario nun período determinado, segundo a teoría da recepción do crítico literario Hans Robert Jauss.

Características[editar | editar a fonte]

O concepto de horizonte de expectativas constitúe un aspecto crucial da súa estética da recepción e designa o conxunto de asuncións ou presupostos que se lle poden atribuír a unha xeración de lectores dada. Os criterios axudan a constituír os xuízos realizados polos lectores nunha maneira trans-subxectiva. Os horizontes de expectativas mudan. As obras literarias dunha época xúlganas, avalíannas e interprétannas os seus contemporáneos, mais as percepcións desa época non establecen necesariamente o significado e valor desa obra de maneira definitiva. Nin o significado nin o valor se fixan de maneira permanente porque o horizonte de expectativas de cada xeración sempre vai mudar. Cada época reinterpreta a literatura á luz dos seus propios coñecementos e experiencias e do seu medio cultural. O valor literario mídese de acordo coa "distancia estética", isto é, o grao de afastamento da obra do horizonte de expectativas dos seus primeiros lectores.

Jauss tentou unha teoría da literatura de carácter socio-histórico e a solución ao problema de como se avalían os textos en A Historia Literaria como reto para a Teoría Literaria (Literary History as a Challenge to Literary Theory, 1967).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]