Horehound
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Horehound | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Álbum de The Dead Weather | |||||
| Edición: | 10 de xullo do 2009 | ||||
| Datas de gravación: | xaneiro do 2009 | ||||
| Estudio(s) de gravación: | Third Man Studio | ||||
| Duración: | {{{duración}}} | ||||
| Xénero: | rock alternativo, blues-rock, garage rock | ||||
| Selo(s): | Third Man/Warner Bros. | ||||
| Producido por: | Jack White | ||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
Horehound é o álbum de estrea do supergrupo estadounidense de rock alternativo The Dead Weather, editado o 10 de xullo do 2009 en Australia, o 13 en Europa e o 14 en Norteamérica. O disco foi gravado nos Third Man Studios durante un período de tres semanas en xaneiro do ano 2009. O seu primeiro sinxelo foi "Hang You from the Heavens", publicado a través de iTunes o 11 de marzo, e en vinilo o 18 de abril. "Treat Me Like Your Mother" foi lanzado como segundo sinxelo o 25 de maio, e o terceiro sería "I Cut Like A Buffalo", que inclue unha versión de The West Coast Pop Art Experimental Band, "A Child of a Few Hours is Burning to Death", como cara B. O álbum estreouse no número 6 da lista Billboard 200 e no 14 da UK Album Charts.
Listaxe de cancións [editar]
- "60 Feet Tall" (Fertita/Mosshart) - 5:33
- "Hang You from the Heavens" (Fertita/Mosshart) - 3:39
- "I Cut Like a Buffalo" (White) - 3:28
- "So Far from Your Weapon" (Mosshart) - 3:40
- "Treat Me Like Your Mother" (Fertita/Lawrence/Mosshart/White) - 4:10
- "Rocking Horse" (Mosshart/White) - 2:59
- "New Pony" (Bob Dylan) - 3:58
- "Bone House" (Fertita/Lawrence/Mosshart/White) - 3:27
- "3 Birds" (Fertita/Lawrence/Mosshart/White) - 3:45
- "No Hassle Night" (Mosshart/White) - 2:56
- "Will There Be Enough Water?" (Fertita/White) - 6:20
Canción extra [editar]
- "Outside" (Downliners Sect) - 2:50