Horatio Alger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHoratio Alger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1832 Editar o valor em Wikidata
Chelsea, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1899 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Natick, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGlenwood Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York (1866–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard (–1850)
Harvard Divinity School (pt) Traducir
Harvard College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , escritor de literatura infantil , novelista , autor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoLiteratura infantil e xuvenil Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioCharles F. Preston Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisHoratio Alger Editar o valor em Wikidata  e Olive Augusta Fenno (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Alger-275 Find a Grave: 17 Editar o valor em Wikidata

Horatio Alger, nado en Chelsea (Massachusetts) o 13 de xaneiro de 1832 e finado en Natick (Massachusetts) o 18 de xullo de 1899, foi un escritor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun pastor unitarista que quería que o seu fillo seguise os seus pasos no sacerdocio,[1] Alger estudou en Harvard, onde foi discípulo do poeta Wadsworth Longfellow. Despois de se graduar traballou como xornalista e mestre de escola. Rexeitado para o servizo militar por asma, fixo unha viaxe a Europa, onde decidiu seguir os pasos do seu pai e entrar no ministerio, nomeado pastor dunha igrexa da rexión do Cabo Cop, en 1866 trasládase a Nova York oficialmente para favorecer a súa carreira de escritor, aínda que os arquivos da igrexa suxire que dimitiu por casos de pederastia.

En 1867 escribiu o seu primeiro libro Ragged Dick, foi un completo éxito, ao que lle seguiron outros do mesmo tema como Luck and Pluck (1869) e Tattered Tom (1871).

Autor de máis de 130 novelas baratas nas que describe as reviravoltas de rapaces que fan realidade o soño americano a través do traballo duro, fachenda, determinación e axuda aos demais. As súas novelas son repetitivas e de escasa calidade técnica, malia iso foron moi populares na súa época, rivalizando cos escritos por Mark Twain, cada novela segue o mesmo esquema, un rapaz traballa duro para fuxir da pobreza, pero non é ese traballo de seu o que lle dá a fortuna, máis ben é un acto extraordinario de honestidade ou valor que o pon en contacto cun vello cabaleiro rico que o colle baixo a súa protección.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoyt (1974), pp. 7-9

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]