Horas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alegoría da paz e a felicidade do Estado. Na pintura aparecen Dice (xustiza), Eunomia (orde) e Irene (paz)

Na mitoloxía grega, as Horas (en grego Ὧραι; en latín, Horae) eran fillas de Zeus e Temis e representaban ás estacións do ano. Os seus nomes eran Talo (retoño), Auxo (crecemento) e Carpo (froita), aínda que tamén foron coñecidas como Irene (paz), Eunomia (orde) e Dice (xustiza).

Desenvolvían funcións secundarias dentro da xerarquía dos deuses. Así, foron matronas de Hera e de Plutón, compañeiras de Perséfone e de Dioniso, coidaban dos cabalos de Helios e vixiaban as portas do ceo.

Son representadas como tres mozas vestidas con túnicas e bailando.