Horace Wells

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Horace Wells
Wells Horace.jpg
Dr. Horace Wells
Datos persoais
Nacemento 21 de xaneiro de 1815
Lugar Hartford, Vermont
Falecemento 24 de xaneiro de 1848
Lugar Nova York
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade Estadounidense
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Odontoloxía
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Horace Wells, nado o 21 de xaneiro de 1815 e finado o 24 de xaneiro de 1848 foi un dentista estadounidense que utilizou por primeira vez a anestesia en odontoloxía, concretamente o óxido de nitróxeno.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nacido en Hartford, Vermont, Wells asistiu á escola Walpole, en New Hampshire antes de estudar odontoloxía en Boston. Unha vez que se graduou, estabeleceu un consultorio en Hartford, Connecticut, cun socio chamado William T. G. Morton, quen sería coñecido pola utilización do éter como anestésico o 18 de outubro de 1846.

Wells experimentou en el mesmo os efectos do óxido de nitróxeno en 1844, cando John Riggs lle extraeu un dente sen sentir ningunha dor.[1] Desde ese momento comezou a utilizala cos seus propios pacientes. Non intentou patentar o descubrimento porque declarou que verse libre de dolor tiña que ser "tan gratuíto como o aire".

Placa honorífica a Horace Wells.

En 1845, en Boston, realizou unha demostración ante un grupo de estudantes de medicina no Hospital Xeral de Massachusetts, mais o gas non foi ben administrado e o paciente chegou a berrar de dor. Os asistentes fóronse do lugar criticándoo. Despois deste acontecemento, Wells perdeu todo o seu prestixio ante a comunidade médica.

Despois deste feito, Wells abandonou a odontoloxía e dedicouse a ser vendedor durante os dous anos seguintes, viaxando por Connecticut e vendendo diferentes artigos para o fogar. En 1847, mudouse a París.

Un tempo despois de ter regresado aos Estados Unidos, Wells volveuse adicto ao cloroformo. Nesa época, non se coñecían os efectos de aspirar cloroformo e éter.[2] Un día, en estado de delirio, saíu correndo á rúa e tiroulle ácido sulfúrico a dúas prostitutas. Foi enviado ao cárcere neoiorquino de Tombs. A medida que os efectos da droga se lle foron desvanecendo, e súa mente aclarándose; xa lúcido, deuse conta do que fixera e suicidouse cortándose unha arteria da perna cunha navalla de afeitar logo de terse metido unha dose analxésica de cloroformo.[3]

Wells atópase soterrado no cemiterio Cedar Hill en Hartford, Connecticut.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1864, de forma póstuma, a Asociación Dental Americana recoñeceulle a Wells a descuberta da anestesia moderna, e a Asociación Médica Americana fixo o propio en 1870.[4]

En Place des États-Unis, París, foi erixido un monumento na súa memoria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shklar, G; Carranza, FA: The Historical Background of Periodontology. En Newman, MG; Takei, HH; Carrana FA, editores: Carranza’s Clinical Periodontology, 9na edición. Filadelfia: W.B. Saunders Company, 2002. páx 7.
  2. Smith, Ken. Raw Deal. Blast Books: Nova York, 1998. páxs. 62-3.
  3. "Suicide of Dr. Horace Wells, of Hartford, Connecticut, U.S". 31 de maio de 1848. PMCID 2487383. http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?artid=2487383. Consultado o 4 de decembro de 2009. 
  4. "Horace Wells". http://www.nndb.com/people/322/000161836/. Consultado o 4 de decembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fenster, Julie M. (2001). Ether Day — The Strange Tale of America's Greatest Medical Discovery and the Haunted Men Who Made It. ISBN 0-06-019523-1. 
*Musto, David F., "They Inhaled", New York Times, 12 de agosto de 2001 (crítica de Ether Day)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]