Horace Andy
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Horace Andy, nado en Kingston o 19 de febreiro de 1951, é un cantante xamaicano de reggae.
Traxectoria [editar]
Tivo destacado éxitos como "Government Land", "You Are My Angel" ou "Skylarking". Andy comezou a gravar discos a finais da década de 1960. Rastafari devoto como moitos outros cantantes do reggae, en moitas das letras das súas cancións falan sobre a relixión e xustiza social. Desde mediados os anos 90 Andy atopou unha nova xeración de fans grazas aos seus traballos con Massive Attack, un dos grupos pioneiros do trip-hop.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- MySpace do artista (en inglés)