Hora punta (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Hora punta
Título orixinal Rush Hour
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Brett Ratner
Produtor Roger Birnbaum
Jonathan Glickman
Athur M. Sarkissian
Guión Jim Kouf
Historia orixinal de:
Ross LaManna
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Jackie Chan
Chris Tucker
Tom Wilkinson
Philip Baker Hall
Mark Rolston
Tzi Ma
Rex Linn
Ken Leung
Chris Penn
Elizabeth Pena
Clifton Powell
Julia Hsu
Música Lalo Schifrin
Ira Hearshen
Fotografía Adam Greenberg
Montaxe Mark Helfrich
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor New Line Cinema
Ano 1998
Duración 97 min.
País Estados Unidos
Xénero Acción
Orzamento 35 millóns de dólares
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte Rush Hour 2 (2001)
Ficha en IMDb

Hora punta (Rush Hour en inglés) é un filme de 1998 de acción dirixido por Brett Ratner e que ten como protagonistas a Jackie Chan e a Chris Tucker.

Argumento [editar]

Un grupo de mafiosos comandados por Juntao (Tom Wilkinson) tentan contrabandear pezas importantes da cultura chinesa, mais non o dan conseguido grazas ao inspector Lee (Jackie Chan) en Hong Kong. O cónsul Han (Tzi Ma), un vello amigo de Lee, mudarase a vivir aos Ánxeles, para traballar de diplomático. Alí, Juntao planea unha vinganza e secuestra a filla do cónsul, e este, que non confía totalmente no FBI, chama o inspector Lee para axudar na misión de rescatar a súa filla. A policía dos Ánxeles non cren que o detective Lee lles vaia axudar en nada, polo que o poñen ao cargo dun detective medio rebelde e panoco, James Carter (Chris Tucker). Despois de descubrir as intencións do FBI de arredalos da investigación, James e Lee póñense a buscar seriamente á cativa secuestrada.

Secuelas [editar]

Unha secuela, Hora punta 2, foi feita no 2001, principalmente ambientada en Hong Kong. Unha terceira película, Hora punta 3, estreouse no 2007, a cal se ambientou principalmente en París.

Falouse de facer unha cuarta película ambienta en Moscova.[1]

Notas [editar]