Honorato López Ventín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabezo II
Información persoal
Nome Honorato López Ventín
Nacemento 4 de marzo de 1914
Lugar de nacemento Cesantes
Falecemento 13 de febreiro de 1993
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1934–1935 Eiriña
1940–1941 Zaragoza 13
1941–1942 Deportivo da Coruña
1942–1943 Betis 16
1943–1944 Celta de Vigo
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Honorato López Ventín, nado en Cesantes (Redondela) o 4 de marzo de 1914 e finado o 13 de febreiro de 1993, foi un futbolista galego, máis coñecido como Cabezo II. Xogaba na demarcación de gardameta. Foi irmán do tamén futbolista Rafael López Ventín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando de dianteiro pero unha lesión de menisco obrigouno a pasar á portería para xogar de gardameta. A súa traxectoria profesional comeza no Eiriña CF de Pontevedra na tempada 1934-35. Despois da Guerra Civil Española debutou en Primeira División co Real Zaragoza disputando 13 encontros. A tempada seguinte volve a Galicia para xogar no Deportivo da Coruña en Segunda División.

En outubro de 1942 deixa o Deportivo para fichar polo Real Betis, que descendería a Segunda esa mesma tempada co concurso de Cabezo en 16 encontros. Na tempada 1944-45 a directiva do Celta de Vigo, acabado de descender a Segunda División, fixo un grande esforzo con colaboración da industria e comercio da cidade para reforzar a portería con Hernández e Cabezo. Pese a alternarse os primeiros encontros entre as dúas fichaches a chegada de Gonzalo Marzá relegounos aos dous á suplencia.

Porén xogaría o decisivo encontro contra o Cultural Leonesa no que o Celta se asegurou disputar a promoción que o levaría de novo a Primeira División. Sería o seu último encontro co Celta.

Despois de deixar o fútbol, foi inspector rexional de Culmen S.A., compañía española de capitalización[1]. Ademais, foi adestrador do Club Deportivo Choco[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Teresa Gómez Dacosta, finada en 1969[3]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Uno de los ocho sorteos que mensualmente efectúa Culmen S.A., Compañía Española de Capitalización, beneficia a Vigo con el premio de 10.000 pesetas". El Pueblo Gallego. 9 de xuño de 1953. p. 5. 
  2. Amado González Cardama (13 de decembro de 1957). "El Choco de Redondela, aspirante al título de la Serie A". El Pueblo Gallego. 
  3. "Fallecimiento de Doña Teresa Gómez Dacosta". El Pueblo Gallego. 5 de xuño de 1969. p. 13.