Homilies d'Organyà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha das páxinas de Les Homilíes d'Organyà.

As Homilies d'Organyà son uns dos documentos literarios máis antigos escritos en lingua catalá, que datan do século XII e principios do XIII.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Trátase dun fragmento de sermonario destinado á predicación do evanxeo. É considerado o máis vello de todos os escritos en calquera das linguas peninsulares. Foron descubertas na reitoría de Organyà (Lleida) en 1904.

Segundo os expertos, foron escritas entre o final do século XII e comezos do XIII. O carácter da letra é o propio da época de transición á arte gótica, e a calidade do pergamiño, bastante groso e ordinario. Certas particularidades da linguaxe fan pensar aos eruditos que este manuscrito é de tempos do rei Pedro I o Católico (1196-1213). O texto está escrito en catalán non provenzalista, aínda que aparecen algúns termos pouco coñecidos na lingua catalá.

O texto orixinal está na Biblioteca de Catalunya, mentres que en Organyà hai exposta unha reprodución.