Holly One
Oliviero Migliore, máis coñecido polo seu nome artístico Holly One, nado en Zúric o 12 de abril de 1965 e finado en Barcelona o 8 de setembro de 2006, foi un actor porno de orixe italiana, caracterizado pola súa baixa estatura. Está considerado o actor porno máis baixo do mundo, marca que que obstenta con 120 cm.
Traxectoria [editar]
Estrela da Sala Bagdad de Barcelona e de numerosos locais nocturnos de Ibiza durante os anos 80 e 90, a súa traxectoria no porno (de máis de 100 filmes) corre da man do actor Rocco Siffredi e Nacho Vidal. Foi unha estrela en Europa e mesmo foi galardoado cun premio ao mellor actor secundario no FICEB. Faleceu de infarto aos 41 anos de idade tras ingresar en coidados intensivos nun hospital de Barcelona, debido a un paro cardíaco provocado por unha enfermidade pulmonar[1]
Notas [editar]
- ↑ "Muerte del actor porno enano de la sala Bagdad de Barcelona", artigo en El Periódico, 8 de setembro de 2006.