Hóckey sobre xeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hockey sobre xeo")
Lance dun partido de hockey sobre xeo.

O hockey sobre xeo é un deporte que se xoga entre dous equipos de seis xogadores con patíns sobre unha pista de xeo. Os patinadores deben dirixir un disco de caucho (puck) cun bastón longo (stick), para tratar de anotar na portaría do rival. Ao termo dun partido, o equipo que máis goles marcou gana.

Esta variante do hóckey caracterízase por ser un deporte físico; os xogadores poden realizar cargas co corpo sobre o rival para tratar de arrebatarlle o control do puck, polo que os xogadores adoitan ir equipados con toda clase de proteccións. É tamén un dos xogos máis rápidos, debido a que a fricción do disco e os patíns sobre o xeo é mínima, e un dos poucos deportes que permiten realizar cambios de xogadores de forma ilimitada e sen necesidade de interromper o xogo.

Inventouse a finais do século XIX en Canadá, onde está considerado como o seu deporte nacional.[1] Ademais, tamén goza de bastante popularidade en Estados Unidos, Suecia, Finlandia, Europa Central e Rusia, e mesmo está considerado como a principal variante de hockey en países do hemisferio norte con climas fríos. O seu principal órgano reitor a nivel internacional é a Federación Internacional de Hockey sobre Xeo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

WikiProject Ice Hockey logo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: