Hitachi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hitachi Ltd.
Hitachi logo.svg
Inspire the Next
Nippon Life Insurance Company,Marunouchi.JPG
Hitachi
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1910
Localización Chiyoda, Tokyo Flag of Japan.svg Xapón
Fundador Namihei Odaira
Persoas clave Hiroaki Nakanishi (presidente)
Industria Telecomunicacións
Produtos Electrónica
Telecomunicacións
Mecánica
Número de empregados 323.540 (2012)
Páxina web hitachi.com


Hitachi, Ltd. (株式会社日立製作所, Kabushiki-gaisha Hitachi Seisakusho) é unha empresa xaponesa especializada en enxeñaría, electrónica e industria mecánica.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigo logo de Hitachi.

Hitachi foi fundada en 1910 polo enxeñeiro eléctrico Namihei Odaira. O seu primeiro produto foi un motor eléctrico de indución de cinco cabalos, inicialmente desenvolvido para o uso na minería do cobre. A empresa de Odaira converteuse pronto en líder nacional en motores eléctricos e na industria das infraestruturas de enerxía eléctrica.

Odaira trasladou a sede a Tokio en 1918. O nome da compañía está baseado na toponimia ca superposición de dúas caracteres kanji: hi que significa "sol" e tachi que significa "lugar". A compañía amosaba as súas aspiracións nacionais transmitindo ca súa marca que simboliza o Xapón imperial e a bandeira do sol nacente.

Hitachi America, Ltd. foi fundada en 1959. Hitachi Europe, Ltd. foi fundada en 1982.

En marzo de 2011 Hitachi acordou a venda da súa filial de discos duros, Hitachi Global Storage Technologies, de Western Digital por unha combinación de efectivo e accións por valor de 4.300 millóns de dólares. A venda completouse en marzo de 2012.

Hitachi mantivo conversacións con Mitsubishi Heavy Industries en agosto de 2011 sobre unha posible fusión das dúas compañías, no que sería a maior fusión de dúas empresas xaponesas na historia. As conversas rompéronse e posteriormente foron suspendidas.

En outubro de 2012 Hitachi acordou adquirir a empresa de enerxía nuclear Horizon de Reino Unido, que planea construír ata seis plantas de enerxía nuclear nese país, con E.ON e RWE por 700 millóns de libras.

En novembro de 2012 Hitachi e Mitsubishi Heavy Industries acordaron fusionar os seus negocios de xeración térmica de enerxía nunha empresa conxunta, o 65% para Mitsubishi Heavy Industries e o 35% por Hitachi. A empresa conxunta planea comezar a operar en 2014.

Produtos[editar | editar a fonte]

Maquinaria pesada Hitachi.

Hitachi opera en 11 sectores industriais e comerciais:

  • Sistemas da Información
  • Sistemas de Telecomunicacións
  • Sistemas eléctricos
  • Sistemas comerciais
  • Sistemas industriais
  • Sistemas de automobilismo
  • Dispositivos electrónicos
  • Compoñentes electrónicos
  • Construción (Maquinaria)
  • Servizos financeiros.
  • Loxística

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]