Historia urbana dos Ánxeles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A historia urbana dos Ánxeles comeza despois de que nela vivan durante millares de anos tribos amerindias. En 1542 o portugués João Rodrigues Cabrilho localiza a baía dos Ánxeles. En 1771 chega unha misión española da orde Franciscana. Os Ánxeles é fundada en 1781 por 44 poboadores de California.

Foi parte de España, despois de México, e ao final dos Estados Unidos.

Historia[editar | editar a fonte]

Cando en 1769, o grupo de exploradores españois ao mando de Gaspar de Portolá e cos franciscanos Junípero Serra e Juan Crespi, otearon dende o altozano que na actualidade é o Elysian Park, o río que aos seus pés discorría cara o sur, puxéronlle por nome El Río de Nuestra Señora La Reina de los Ángeles de Porciúncula en memoria da pequena ermida homónima as aforas de Asís, na localidade de Santa María degli Angeli, onde San Francisco iniciou a súa regra. Inda que Crespi recomendou a beira oeste do río para fundar una misión non foi ata 1781 que o rey Carlos III ordenou a construción no lugar dun asentamento. O gobernador de California, Felipe de Neve, elabora a planta e manda traer de Sonora (México) 44 poboadores (11 familias). O catro de setembro aséntanse no lugar que chaman El Pueblo de Nuestra Señora Reina de los Ángeles sobre el Río Porciuncula.

Entre 1815, data dunha grande inundación, e 1835 prodúcese o deterioro e gradual abandono da antiga aldea antigo e o seu desprazamento cara os terreos contiguos do sur, entorno a actual Praza coa igrexa e a rúa Olvera [1].

En 1821 México independízase de España e no 1847, tra la guerra USA-México, California convertese en parte dos Estados Unidos. En 1850 Os Ánxeles adquire o título de cidade inda que segue a ser unha vila de 1.610 habitantes. E pouco máis vai continuar sendo ata polo menos 1880, con dous desenvolvementos en cuadrícula o norte e o sur da vila: o do sur (sudoeste exactamente) converterase no centro (downtown) da cidade futura.

A partir dese momento, o descubrimento de petróleo e principalmente o desenvolvemento do ferrocarril, fará crecer a retícula urbana ata facer no século XX dos Ánxeles unha das grandes metrópoles do planeta e sen dúbida unha das máis extensas (1880, 11.200h; 1890, 50.400; 1900, 102.500; 1910, 319.200; 1920, 576.700; 1930, 1.238.048).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxse tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia urbana dos Ánxeles