Historia urbana de Sidney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Índice

Colonia penitenciaria [editar]

Mapa de Sydney Cove coa colonia, 1789

A historia urbana de Sidney comeza estritamente en 1788, co asentamento coma colonia penitenciaria, fundado por Arthur Phillip para a coroa británica, nunha enseada (Sydney Cove) na beira sur do chamado Port Jackson (en realidade profunda e recortada baía [1]) na costa suroriental de Australia. Básicamente, na beira oeste da enseada levantábanse os barracóns dos prisioneiros e na oriental os edificios do gobernador e oficiais coas suas fincas de lecer.

Inda que unha primeira contribución fora feita polo terceiro gobernador, P.Gidley [2], foi durante o mandato (1810-21) do quinto gobernador de Nova Gales do Sur, Lachlan Macquarie, que Sidney, de feito capital do territorio, transformouse de colonia penal en auténtica cidade co deseño dunha trama urbana e infraestructuras básicas (pontes, peiraos, fortes). A erección de numerosos edificios públicos que inda hoxe ennobrecen a parte vella da cidade (The Rocks [3]) deixa constancia da súa laboura [4].

Primeira cidade de Australia [editar]

A máis, a colonización do interior do país a partir de 1813, contribuíu ao incremento de poboación non penal da vila pola inmigración europea (de 2.500h en 1800 a 12.000 en 1820 e 39.000 en 1851). Sobre terreos que xa o gobernador Macquaire reservara para o deporte, deseñouse o parque público (Hyde Park, 1856) da, xa oficialmente, primeira cidade de Australia (1842). A área verde foi estendida progresivamente ata acadar o antigo dominio pertencente a mansión do gobernador (hoxe Royal Botanic Gardens e Domain, que ocupan o leste da Sydney Cove). O desenrolo urbano continuou e apareceron os primeiros suburbios (Pyrmont [5]). Tamén os primeiros recheos para novos peiraos (porto en Darling Bay ao oeste) e o Circular Quay na Sydney Cove (que cubriu o primitivo arroio, 1837).

Pero non foi nada comparado co que viría despois do descubrimento de ouro en 1851 a un cento de quilómetros ao oeste. En dez anos a poboación case que se triplicou, e para 1871 Sidney contaba con 134.800 habitantes [6][7]. O ferrocarril favoreceu a creación e dispersión de novos suburbios e a industrialización posterior (cun gran desenrolo portuario), no último cuarto do século XIX [8][9], que levárona a se converter nunha pequena metrópole (500.000h en 1900 [10]).

Século XX [editar]

O crecimento metropolitano continuou no século XX ata acadar o millón de habitantes en 1925. Fíxose imprescindible unir as duas beiras de Port Jackson e, inda que en plena gran depresión, no 1932 inaugurábase a maxestosa Ponte da Baía (Sydney Harbour Bridge [11]).

En 1957-67 completouse a espléndida paisaxe urbana da cidade coa erección, na punta oposta da Sydney Cove (a leste, no cabo do Royal Botanic Gardens), da Opera de Sidney do arquitecto nórdico J. Utzon, emblema da metrópole moderna e por extensión do país [12][13].

Notas [editar]

  1. Mapa da época de Port Jackson coa situación de Sidney [1]
  2. Mapa de Sidney, 1802 [2]
  3. Mapa da labor edilicia promovida polo gobernador Macquaire [3]
  4. Plan de Sidney, 1822 [4]
  5. Mapa de Sidney, 1836 [5]
  6. Plano da cidade en 1855 [6]
  7. Mapa do área metropolitana de Sidney en 1867 [7]
  8. Sidney a vista de paxaro, 1888 [8]
  9. Outra vista de paxaro de 1905 [9]
  10. Area metropolitana en 1903 [10]
  11. Fotos históricas da construción da Ponte da Baía [11]
  12. Vista da Opera co centro dos negocios ao fondo [12]
  13. Panorama de Sidney [13]