Historia urbana de Seúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo principal nunha imaxe de 1896.
Namdaemun, porta da muralla.
Large Seoul Landsat.jpg

A Historia urbana de Seúl principia cando Onjo, fillo do rei de Koguryo, no norte de Corea, funda o reino de Paekche no -18, establecendo a capital en torno a un castelo na beira norte do río Han (preto do monte Acha), Habuk Wiryeseong. Catro anos despois trasládana a beira sur, Hanam Wiryeseong (nos arredores do actual Estadio Olímpico), onde reinará o seu irmán Biryu. Trocará o nome polo de Hanseong ata que cae no poder do reino de Silla en 757, que a chama Hanyang; despois Yangju durante o reino Koryo e Namgyong cara o século XI.

A historia moderna de Seúl comeza en 1394 cando o pequeno val entre montes ao norte do río é elixido, despois de superar a proba xeomántica do feng shui, coma capital da dinastía Joseon.

Edifícase unha cidade entourada por un cinto de 18 km de murallas con pazos e santuarios que se irán construíndo ata o século XVII.[1] Recibe de novo o nome de Hanseong e manterase na súa estrutura básica ata o século vinte:[2][3] un eixo fundamental norte sur, o Sejongno, dende o pazo principal), o Gyongbokgung, ata o encontro co eixo leste oeste, o Chongno, e ampliado despois ata o pazo Toksugong e a praza do concello e máis o sur ata a porta da muralla, Namdaemun, a única orixinal que aínda se conserva, co barrio do mercado.[4]

Despois da ocupación xaponesa e a Segunda Guerra Mundial, coa proclamación da República de Corea, a cidade convértese na súa capital co nome actual, Seúl, que significa literalmente iso, capital. Pero coa guerra de Corea nos cincuenta e a súa posición fronteiriza entre o norte e o sur, foi practicamente arruinada. A reconstrución posterior levouna ao que actualmente é, una das maiores metrópoles do mundo, con máis de dez millóns de habitantes.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]