Historia urbana de Hong Kong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cun solo pobre e montañoso e carente de auga doce, a única vantaxe do lugar era o excelente fondeadoiro protexido que procuraba a illa de Xianggang. Ata o século XIX soamente foi asentamento dunha aldea de pescadores e guarida de piratas.

Cara a 1821 os ingleses xa utilizaban o emprazamento para cargaren os seus navíos de opio. Foi xusto trala primeira guerra de tal, co tratado de Nanjing en 1842, que China cedeu a illa ao Reino Unido. Constrúese o primeiro asentamento e porto (Victoria Harbour, aos pés do pico homónimo [1] [2]).

Non satisfeitos co dominio dunha soa beira, trala segunda Guerra do Opio, en 1860, os ingleses conseguen a cesión da península de Kowloon [3][4]. E no 1898, complétano coa cesión por cen anos dos Novos Territorios que é como a rexión admenistrativa especial chegou ata a devolución da soberanía a China en 1997.

As moi especiais características da súa situación xeográfica e política, favoreceron unha rápida expansión coma lugar de refuxio e inmigración masiva, especialmente trala segunda guerra mundial, apoiándose na industria textil con man de obra barata, e o porto, un dos de maior tráfico do mundo.

É preciso salientar dúas cousas: na actualidade, oficialmente Hong Kong é unha rexión especial dividida en distritos; é dicir, non hai cidade ningunha que se chame Hong Kong; de feito, non hai municipalidade ningunha coma tal en Hong Kong.

En segundo lugar, a pesar da súa enorme importancia e poboación, urbanisticamente carece dela, pois trátase dunha urbe moi recente de crecemento explosivo de aluvión. Como o terreo aproveitable é escaso, faise cara a arriba e en recheos, torres e rañaceos cunhas altísimas densidades. Soamente nos últimos anos, o deseño e altura dalgúns deles converten a Hong Kong nunha digna rival de Nova York [5].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]