Historia urbana de Chennai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Valluvar Kottam é un memorial en honor do poeta e santo támil Tiruvalluvar e máis amplamente en honor da cultura támil. Inaugurado en 1976, este inmenso auditórium é en feito unha réplica do templo en forma de carreta de Thiruvarur. Unha estatua do poeta de 33 metros foi posta no medio.

Chennai capital do estado Tamil Nadu, no sureste de India, é o nome dende 1996 da antiga Madras.

Índice

Mylapore [editar]

Nunha rexión poboada dende séculos, a cidade anteriormente coñecida coma Madrás (ata 1996) xurdiu por unión de varias poboacións veciñas, xeralmente vinculadas a templos (Thiruvanmiyur no sur; Thiruvotriyur ao norte; Thirvallkeni, hoxe barrio de Triplicane no centro), entre as que a máis antiga semella ter sido Mylapore (hoxe barrio central de Thirumaylai). Seica activo porto da Costa de Coromandel dende o século I aC e centro da cultura támil, foi visitada por Ptolomeo e poida que polo apóstolo San Tomé. De feito, as aforas da cidade actual, no suroeste, álzase o Monte de S. Tomé (suposto lugar da prédica evanxelizadora [1]).

Mylapore foi porto e un centro administrativo das sucesivas dinastías que gobernaron o surleste do subcontinente indio no primeiro milenio: Chola, Pallava, Pandya, Khilji e os Nayaks do Imperio de Vijayanagar. Do tempo dos Pallava data o importante templo de Kapalleeshvarar (século VII).

En 1522 os portugueses arriban e constrúen alí o asentamento e porto de Sao Tomé de Meliapore. Seica destrúen o templo de Kapalleeshvarar (reconstruído no XVIII) e erixen a basílica de Sao Tomé sobor da suposta tumba do apóstolo.

Colonia británica : Madrás [editar]

Fort St George.
Plan of Fort St George and the City of Madras 1726.jpg

En 1639 Francis Day merca para a Compañía Británica do Leste da India a concesión duhna franxa de terra ao norte de Mylapore onde existía o pobo pesqueiro de Madraspatnam. Ao ano seguinte constrúen un forte (Fort St. George) con vivendas e peirao, ó que chamarase White Town, por oposición á Black Town ou asentamento indíxena que creceu ao carón do anterior.

En 1746 os franceses a ocupan brevemente destruíndo a Black Town. Tres anos despois volve a mans dos británicos. Reforzan con bastións o forte que adopta forma semioctogonal [2] e deixan unha explanada de medio quilómetro ao norte no lugar que ocupara aquela, extendendo máis ao norte una nova retícula urbana (futura George Town) [3].

A máis, durante todo o século XVIII agrandan a colonia mediante sucesivas adquisicións (entre outras Triplicane, Tiruvottiyur e a propia Mylapore) [4]. Convértese en base naval inglesa e centro administrativo das posesións do imperio no sur da India (Madras Presidency).

No século XIX experimenta un gran crecimento ao seres o porto do intercambio comercial da rexión con Europa, incrementado pola posta en marcha cara ao fin da centuria da rede de ferrocarrís da India [5].

Pero a verdadeira explosión urbana produciuse trala independencia do país en 1948 e a industrialización das décadas posteriores (sinaladamente industria do automóbil). Hoxe un novo pulo ven da man de seres un centro das Tecnoloxías da Información.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]