Historia dos Calgary Flames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tom Lysiak celebra xunto cos seus compañeiros de equipo un gol fronte aos Colorado Rockies durante os inicios da franquía en Atlanta en 1978.

A historia dos Calgary Flames remóntase a 1972, cando a National Hockey League (NHL) anunciou a creación de dous novos equipos para a liga, os Flames e os New York Islanders. Inicialmente localizados en Atlanta (Estados Unidos) baixo o nome de Atlanta Flames, a franquía trasladouse a Calgary (Canadá) en 1980. Ao longo da súa historia, o equipo gañou unha vez a Stanley Cup na tempada 1988-89, chegando á final noutras dúas ocasións nas tempadas 1985-86 e 2003-04.

Ao longo da súa historia os Flames disputaron máis de 2.500 partidos de liga regular e case 200 partidos nas súas 20 aparicións nos play-offs, gañando 1.188 partidos na liga regular e 92 nas series eliminatorias.[1] Entre os xogadores máis destacados da franquía inclúense nomes como os membros do Hockey Hall of Fame Lanny McDonald, Joe Nieuwendyk, Joe Mullen, Al MacInnis, Brett Hull, Doug Gilmour e Grant Fuhr, ou Jarome Iginla.

Atlanta Flames[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Atlanta Flames.

Os Flames foron o resultado do primeiro golpe da NHL contra a arrivista World Hockey Association (WHA).[2] En decembro de 1971, a NHL concedeu ás presas un equipo a Long Island — os New York Islanders — para excluír aos New York Raiders do novo Nassau Veterans Memorial Coliseum, na cidade de Uniondale. Esta circunstancia fixo que a liga precisara incluír outro equipo para equilibrar as clasificacións, polo que a NHL concedeulle un equipo a un grupo de investidores da Atlanta propietario dos Atlanta Hawks da National Basketball League (NBA), e que estaba liderado por Tom Cousins.[3] Cousins chamou ao equipo "Flames" en lembranza ao lume que estivo a piques de destruír Atlanta durante a marcha ao mar na Guerra Civil Estadounidense do Xeneral William Tecumseh Sherman. O equipo xogou os seus partidos como local no Omni Coliseum en downtown Atlanta.[4]

Eric Vail pelexa pola posición diante da portería fronte aos Colorado Rockies en 1978.

Os Flames tiveron uns inicios relativamente exitosos. Baixo a dirección dos adestradores Bernie "Boom Boom" Geoffrion, Fred Creighton e Al MacNeil, cos que os Flames se clasificaron para os play-offs en seis das oito tempadas que permaneceron en Atlanta.[5] En marcado contraste, os seus compañeiros de expansión, os Islanders, gañaron tan só 31 partidos durante os seus primeiros dous anos na liga combinada.[6] Este relativo éxito non se trasladou aos play-offs, onde os Flames tan só puideron gañar dous partidos das series eliminatorias durante os anos que permaneceron en Atlanta.[7]

A pesar do éxito no xeo, os propietarios da franquía nunca estiveron sobre unha base financeira sólida. O durante moito tempo director xeral Cliff Fletcher declarou anos despois que as proxeccións financeiras iniciais de Cousins para un equipo da NHL non consideraron entrar na WHA.[8] Os Flames estaban tamén nunha pobre situación, e nunca asinaron un contrato televisivo importante.[4]

En 1980, Cousins estaba en considerables dificultades financeiras e foi forzado a vender os Flames para evitar a bancarrota. Con poucas ofertas serias de grupos locais, Cousins mostrouse moi receptivo a unha oferta do empresario canadense (e antigo propietario dos Oilers) Nelson Skalbania, que estaba á fronte dun grupo de empresarios de Calgary entre os que se incluían os magnates do petróleo Harley Hotchkiss, Ralph T. Scurfield, Norman Green, Doc e Byron Seaman, e o antigo xogador dos Calgary Stampeders Norman Kwong.[4] Un último esforzo para manter o equipo en Atlanta foi insuficiente, e Cousins vendeu o equipo a Skalbania por 16 millóns de dólares, un prezo de venda récord para un equipo da NHL no momento.[8] O 21 de maio de 1980, Skalbania anunciou que o equipo se trasladaría a Calgary.[9] O novo propietario decidiu manter o nome dos Flames, sentindo que era unha boa opción para unha cidade petroleira como Calgary, mentres que o logo do "A" ardente foi substituído polo "C" ardente.[10] Skalbania vendeu a súa participación en 1981, e os Flames teñen sido propiedade local dende aquela.[11]

Primeiras tempadas en Calgary (1980–1985)[editar | editar a fonte]

Os Flames trasladáronse ao Olympic Saddledome (actualmente Scotiabank Saddledome) en 1983.

Ao contrario dos Calgary Cowboys da WHA, que foran disoltos tres anos antes, os Flames foron abrazados inmediatamente pola cidade de Calgary. Mentres que os Cowboys só foran capaces de vender 2.000 entradas para a súa derradeira tempada, os Flames venderon 10.000 entradas, a capacidade completa máis a metade do Stampede Corral, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.[12]

Liderados polos 49 goles e 131 puntos de Kent Nilsson, os Flames clasificaronse para os play-offs na súa primeira tempada en Calgary cun rexistro de 39 vitorias, 27 derrotas e 14 empates, o que lles valeu para finalizar na terceira posición da Patrick Division.[13] O equipo atopou un maior éxito nos play-offs en Calgary do que encontrara en Atlanta, gañando as súas dúas primeiras series do play-off sobre os Chicago Black Hawks e os Philadelphia Flyers antes de caer nas semifinais da NHL (final de conferencia) fronte aos Minnesota North Stars.[14] Este éxito temperán non se repetiu pronto. Despois de conseguir un balance negativo na tempada 1981-82, Fletcher desfixose de varios xogadores que quedaban da etapa en Atlanta que non puideron adaptarse ao contorno de maior presión e reconstruíu o equipo.[8][15] Durante as tres tempadas seguintes formou un núcleo de xogadores que permaneceron xuntos ata principios da década de 1990.

Os esforzos de Fletcher para igualar a franquía de Calgary aos Oilers o levaron a atraer talentos de zonas anteriormente desatendidas pola NHL. Deste xeito, os Flames foron un dos primeiros equipos en fichar a un gran número de xogadores de universidades estadounidenses, entre os que destacaron Joel Otto, Gary Suter, e Colin Patterson.[16] Fletcher tamén deu un paso máis na busca no hóckey sobre xeo europeo, adquirindo a Håkan Loob e outros xogadores clave. El foi un dos primeiros en elixir xogadores da Unión Soviética, incluíndo á estrela do CSKA Moscova Sergei Makarov en 1983, mais aos xogadores soviéticos non se lles permitiu ingresar en equipos occidentais ata 1989.[17] Aínda así, o equipo non estaba o suficientemente mellorado para desafiar aos Oilers, que necesitaron do máximo de sete partidos para derrotar aos Flames no seu camiño a conquistar a Stanley Cup en 1984.[18]

En 1983, os Flames trasladáronse á súa nova casa, o Olympic Saddledome (agora coñecido como Scotiabank Saddledome). Situado nos terreos do Calgary Exhibition and Stampede, o Saddledome foi construído para ser sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988. En tres tempadas no Corral, os Flames perderon tan só 32 partidos como locais.[9] O Saddledome acolleu o 37º NHL All-Star Game en 1985, unha vitoria da Wales Conference por 6 goles a 4.[19]

1985–1990[editar | editar a fonte]

Os xogadores adquiridos por Fletcher maduraron nun dos equipos máis fortes da liga durante mediados dos anos 1980s e principios dos 1990s. Dende a tempada 1984-85 á 1990-91, os Flames conseguiron 90 puntos en cada tempada, excepto nunha.[20] Con todo, frecuentemente non foron capaces de transformar este éxito nos play-offs, en gran parte porque non podían superar aos seus rivais provinciais, o poderosos Oilers. Aínda que os Oilers e os Flames frecuentemente finalizaron á cabeza ou preto da cabeza da Compbell Conference, a estrutura dos play-offs da NHL daquela facía moi probable que os Flames e os Oilers se encontraran na primeira ou segunda rolda, en lugar de enfrontarse na final da Conferencia.[8] Esta mesma estrutura fixo moi probable que os outros dous clasificados da Smythe Division tiveran que superar aos Flames ou aos Oilers (ou a ambos) para chegar á final de Conferencia.[21] Entre 1983 e 1990, tanto os Oilers coma os Flames representaron á Campbell Conference nas finais da Stanley Cup.[22]

En 1986 chegaron aos Flames os dianteiros Doug Risebrough, Lanny McDonald, e Dan Quinn, o defensa Al MacInnis, e o porteiro Mike Vernon. Os Flames finalizaron na segunda posición da Smythe Division cun rexistro de 40-31-9 (a única tempada entre 1984 e 1991 na que non finalizaron con máis de 90 puntos),[13] e na primeira rolda dos play-offs derrotaron aos Winnipeg Jets,[18] pasando á segunda rolda, onde se enfrontarían aos Oilers. Edmonton rematara con 30 puntos máis que Calgary a liga regular, e era o claro favorito a gañar a súa terceira Stanley Cup consecutiva. Porén, os Flames sorprenderon aos Oilers e os eliminaron en sete partidos –a única vez que os Flames venceron aos Oilers nunha serie dos play-offs durante a década. O gol gañador da serie chegou cando un despexe erróneo de Steve Smith rebotou na perna do seu porteiro Grant Fuhr, introducindo o disco na súa propia portería.[23] O gol segue a ser un dos erros máis lendarios da historia do hóckey sobre xeo.[24][25][26]

A partir de aí, os Flames chegaron ás finais da Campbell Conference, onde derrotaron aos St. Louis Blues noutra serie de sete partidos. Desta vez, Calgary viuse sorprendido no sexto partido, cando caeron no St. Louis Arena no coñecido como Monday Night Miracle. Gañando por 5 goles a 2 con 10 minutos por xogar do terceiro período do sexto partido, os Blues realizaron unha furiosa remontada para levar o partido á prórroga, onde Doug Wickenheiser anotou un gol que levaría a eliminatoria ao decisivo sétimo partido.[27] Calgary gañou o partido decisivo en Calgary por 2-1, avanzando ata as finais da Stanley Cup por primeira vez na súa historia.[18] Na final os Flames se enfrontaron aos Montreal Canadiens, perdendo o campionato en cinco partidos. O porteiro novato de Montreal, Patrick Roy, resultou case imbatible nos últimos dous partidos, encaixando tan só catro goles no seu camiño a facerse co Conn Smythe Trophy.

Despois da súa participación nas finais por primeira vez, os Flames conseguiron o seu mellor rexistro na liga regular. O rexistro de 46-31-3 da tempada 1986-87 valeulle a Calgary a terceira posición da NHL, por detrás de Oilers e Philadelphia Flyers.[28] Porén, os Flames foron incapaces de igualar o seu éxito dos anteriores play-offs, perdendo na primeira eliminatoria fronte aos Jets en seis partidos. A tempada foi tamén difícil fóra do xeo, xa que a elección na primeira rolda do draft de 1986, George Pelawa, faleceu nun accidente de tráfico antes de comezar a tempada.[29]

Os Flames conseguiron por primeira vez 100 puntos nunha tempada durante a tempada 1987-88, gañando o Presidents' Trophy ao ser o equipo con mellor rexistro, poñendo fin a seis anos de reinado dos Oilers na Smythe Division.[30] Joe Nieuwendyk converteuse no segundo novato na historia da liga en anotar 50 goles, gañando o Calder Memorial Trophy como rookie do ano.[31] Tratando de reforzar o equipo de cara aos play-offs, os Flames intercambiaron ao xove tirador Brett Hull, xunto con Steve Bozek, aos Blues por Rob Ramage e Rick Wamsley o 7 de marzo de 1988.[32] As súas frustracións nos play-offs continuaron, con todo, despois de derrotar a Los Angeles Kings en cinco partidos, xa que Calgary foi eliminado en catro partidos polos Oilers.[18]

Campións da Stanley Cup[editar | editar a fonte]

Bandeira da Stanley Cup conseguida na tempada 1988-89 no Scotiabank Saddledome.

Na tempada 1988–89,os Flames continuaron a súa mellora. Conseguiron o seu segundo Presidents' Trophy cun récord da franquía de 117 puntos, rematando con 26 puntos máis que os segundos clasificados, Los Angeles Kings, na Smythe Division.[33] Fletcher seguiu a remendar o equipo, adquirindo a Doug Gilmour como parte de seis xogadores na data límite de traspasos. Nos play-offs, os Flames precisaron de sete partidos na primeira rolda para desfacerse dos Vancouver Canucks. Os Flames valéronse de varias paradas do porteiro Mike Vernon, incluíndo a famosa captura a Stan Smyl na prórroca, que segue a ser un momento decisivo na historia da franquía.[34]

A continuación os Flames desfixéronse dos Kings en catro partidos, antes de eliminar os Chicago Blackhawks en cinco partidos para chegar ás finais da Stanley Cup, de novo fronte a Montreal. Desta vez os Flames gañaron en seis partidos, sendo o último unha Vitoria por 4 goles a 2 en Montreal o 25 de maio de 1989.[18] A vitoria foi especialmente significativa, xa que foi a única vez na que o equipo opoñente gañoulle aos Canadiens no xeo do Montreal Forum para gañar a Stanley Cup.[35] Al MacInnis conseguiu o Conn Smythe Trophy como xogador máis valioso dos play-offs,[36] mentres que o capitán durante moito tempo Lanny McDonald anunciou que se retiraba.[35] A vitoria na Stanley Cup de 1989 outorgoulle á copropietaria dos Flames Sonia Scurfield (a viúva de Ralph) a distinction de ser a primeira (e ata 2013, a única) muller canadense en ter o seu nome gravado na copa.[37] Tamén converteu a Kwong nun dos poucos en ter o seu nome inscrito na Stanley Cup e na Grey Cup.

En 1989, grazas en parte aos esforzos diplomáticos de Cliff Fletcher, o goberno soviético concedeu o permiso a un grupo de xogadores soviéticos para asinar contratos con equipos da NHL. O primeiro deses xogadores foi Sergei Pryakhin. Aínda que Pryakhin nunca chegou a ser un habitual na NHL, a súa chegada abriu o camiño a un gran número de xogadores rusos que entraron na NHL ao comezo da tempada 1989-90.[17] Sergei Makarov chegou aos Flames esa tempada e, malia estar xa na trintena, converteuse no quinto xogador da franquía en gañar o Calder Memorial Trophy como Rookie of the Year (Novato do Ano). A selección foi controvertida, o que provocou que a liga modificara as normas para excluír aos xogadores por riba dos 26 anos no futuro. Esa tempada, o equipo quedou a dous puntos de conseguir o seu terceiro President’s Trophy ao acadar 99 puntos, fronte aos 101 dos Boston Bruins. Tamén esa tempada, os Flames gañaron o seu terceiro campionato da Smythe Division consecutivo. Porén, nos play-offs foron superados por Los Angeles Kings en seis partidos. Dende aquela o equipo non volveu gañar unha eliminatoria dos play-offs ata 2004, unha das máis longas secas da historia da NHL.[38]

1991–2003[editar | editar a fonte]

O rendemento de Jarome Iginla foi un dos poucos puntos brillantes do equipo durante os sete anos de seca de play-offs da franquía.

En 1991, Fletcher deixou os Flames para converterse no director xeral dos Toronto Maple Leafs. El fora o director xeral do equipo dende a súa creación en 1972.[39] Fletcher foi sucedido en Calgary por Doug Risebrough, e os dous pronto realizaron un megatraspaso de dez xogadores polo cal o dianterio Doug Gilmour chegou a Toronto con outros catro xogadores a cambio do anotador de 50 goles Gary Leeman e outros catro.[32] O troco transformou aos dous clubs. Os anteriormente pouco competitivos Leafs convertéronse nun adversario case de inmediato, mentres que Leeman anotou tan só 11 goles coa camisola dos Flames.[40] A pesar do florecemento de Theoren Fleury nunha estrela da NHL, os Flames quedaron fora dos play-offs en 1992, tan só un ano despois de finalizar a súa terceira tempada de 100 puntos na historia da franquía. Foi a primeira vez que os Flames se perdían os play-offs dende a tempada 1974-75, cando a franquía aínda se encontraba en Atlanta. Foi tamén a terceira vez da franquía fóra das series nos seus 20 anos de historia.[18]

Calgary recuperouse para regresar aos play-offs nas seguintes catro tempadas, incluíndo dous títulos de división consecutivos. Con todo, o equipo foi eliminado na primeira rolda en cada tempada. Os títulos de división das tempadas 1993-94 e 1994-95 levaron a dúas derrotas na casa no sétimo partido da primeira rolda na prórroga fronte aos Canucks e aos San Jose Sharks respectivamente. Na tempada 1995-96, Nieuwendyk foi traspasado aos Dallas Stars nun troco no que adquiriron a Jarome Iginla. Iginla faría o seu debut cos Flames nos play-offs de 1996, durante a nova eliminación do equipo na primeira rolda, unha contundente derrota en catro partidos fronte aos Chicago Blackhawks. En 1997, só dous anos despois de gañar o seu segundo título consecutivo de división, os Flames quedaron de novo fora dos play-offs, aos que non regresaron en sete anos.[18] A peor puntuación do equipo chegou na tempada 1997-98, na que os Flames finalizaron a liga regular con tan só 67 puntos, o segundo peor rexistro na historia da franquía (por detrás tan só da tempada 1972-73 dos Atlanta Flames).[41]

Nesta época, os Flames encontraron cada vez máis complicado reter aos seus mellores xogadores cando os salarios aumentaron mentres o dólar canadense perdía valor fronte ao dólar estadounidense.[42] Calgary fora sempre un dos mercados máis pequenos da liga (actualmente é o terceiro máis pequeno, por detrás tan só de Edmonton e Winnipeg) e os pequenos mercados de equipos canadenses encontraron cada vez máis dificultades para competir no novo contorno.[43] Na tempada 1998-99, por exemplo, os Flames negociaron o traspaso de Fleury aos Colorado Avalanche na metade da tempada.[32] O intercambio chegou pouco despois de que Fleury se convertera no maior anotador da historia da franquía.[44] Fleury converteríase en axente libre sen restrictions ao final da tempada, e os Flames non querían arrisgarse a perdelo sen recibir nada a cambio.[45]

A medida que os Flames se afundiron na clasificación, a asistencia aos seus partidos reduciuse. Durante a maior parte dos seus primeiros 16 anos en Calgary, as entradas dos Flames eran das máis difíciles de conseguir da NHL. Porén, en 1999, a asistencia caera tanto que os seus propietarios lanzaron un ultimato: ou se vendían máis entradas para a tempada, ou o equipo seguiría os pasos dos desaparecidos Winnipeg Jets e Quebec Nordiques no seu traslado aos Estados Unidos. Os seareiros responderon mercando as suficientes entradas para manter aos Flames en Calgary na tempada 1999-00.[8] Os Flames apelaron á compra de máis entradas no verán do ano 2000.[46] A campaña, dirixida a incrementar a venda de entradas para a tempada dende un mínimo da franquía de 8.700 a 14.000, resultou un éxito.[47] Con todo, o incremento das vendas non detivo as perdas financeiras e equipo perdeu $14,5 millóns entre 2001 e 2003.[42]

Un dos poucos puntos brillantes desta época foi Iginla, que gañou o Rocket Richard e o Art Ross Trophy na tempada 2001-02 como máximo goleador e puntuador da NHL logo de conseguir 52 goles e 96 puntos. Iginla gañou de novo o Rocket Richard Trophy, empatado con Rick Nash e Ilya Kovalchuk, con 41 goles na tempada 2003–04.[48] Outro punto brillante do equipo nesta época foi o defensa Robyn Regehr, que se converteu no xogador máis novo nomeado para o Bill Masterton Memorial Trophy, que premia a perseveranza, o espírito deportivo e a adicación ao hóckey. Regehr sufrira unha fractura nas dúas pernas nun accidente automobilistico no verán de 1999, mais recuperouse a tempo para xogar 57 partidos aos 19 anos.[49]

Durante a tempada 2002-03, os Flames contrataron a Darryl Sutter como adestrador xefe, substituíndo a Greg Gilbert, que foi despedido cando os Flames se encontraban na última praza da Conferencia Oeste.[50] Sutter tamén se converteu no representante xeral do equipo na seguinte tempada, e se lle atribúe a revitalización da franquía.[51] Entre as primeiras medidas de Sutter estivo a adquisición do porteiro Miikka Kiprusoff, a quen adestrara previamente en San Jose, a principios da tempada 2003-04.[52] Kiprusoff respondeu establecendo un récord na NHL de media de goles en contra con 1,69.[53]

2004–2010[editar | editar a fonte]

Despois de sete tempadas consecutivas sen disputar os play-offs, os Flames finalmente regresaron ás series en 2004. Convertéronse no primeiro equipo na historia da liga en derrotar a tres campións de división no seu camiño a converterse no primeiro equipo canadense en chegar ás finais da Stanley Cup dende os Canucks en 1994.[54] A primeira vítima dos Flames foi o campión da Northwest Division, os Vancouver Canucks, aos que derrotaron en sete partidos. Esta foi a primeira vitoria dos Flames nunha serie dende que gañaran a final en 1989.[55]

Miikka Kiprusoff gañou o Vezina Trophy como mellor porteiro na tempada 2005-06.

Posteriormente, os Flames derrotaron aos campións do Presidents' Trophy, os Detroit Red Wings, en seis partidos. Despois de eliminar os campións da Pacific División, os Sharks, tamén en seis partidos, na final da Conferencia Oeste, conseguindo chegar á final da Stanley Cup fronte aos Tampa Bay Lightning. Martin Gelinas anotou o gol gañador nas tres series. A embaixada do Canadá en Washington DC, ondeou a bandeira dos Flames xunto á bandeira do Canadá,[56] mentres que o Primeiro Ministro Paul Martin alcumou aos Flames "equipo do Canada".[57]

As series da final prolongáronse ata o sétimo partido, cos Flames sufrindo un controvertido non-gol no sexto partido, que se disputou en Calgary. As repeticións mostraron que Martin Gelinas puido ter marcado o que podía ter representado a vantaxe local ao final do terceiro período; con todo, os árbitros non sinalaron o gol, e as posteriores repeticións non foron concluíntes. Este gol podía terlle dado a Gelinas o honor de ser o único xogador na historia da NHL en marcar un gol gañador en todas as roldas do play-off para gañar a Stanley Cup. Lightning finalmente gañou o partido na prórroga,[58] antes de gañar o sétimo partido na casa e gañar a Stanley Cup. A pesar da derrota, 30.000 seareiros déronse cita no Olympic Plaza para celebrar a tempada do equipo.[59]

Os Flames non baixaron a bandeira do seu campionato da Conferencia Oeste en case 15 meses, xa que a tempada 2004-05 foi suspendida por unha disputa laboral. Durante o lockout, o propietario do equipo e Presidente da Xunta, Harley Hotchkiss, tentou salvar a tempada participando en conversas co presidente da Asociación de Xogadores da National Hockey League Trevor Linden.[60] Mentres que as discusións fracasaron en salvar a tempada, Hotchkiss foi acreditado para aliviar as tensións que permitiron unha negociación exitosa para un novo convenio colectivo.[61]

Os Flames xogaron a súa 25ª tempada en Calgary na tempada 2005-06, finalizando a liga regular con 103 puntos. Foi o seu mellor total de puntos dende 1989, ano no que gañaron a Stanley cup, e o suficientemente boa para conquistar o seu primeiro título de división en 12 anos. Con todo, os Flames perderon na primeira rolda dos play.offs fronte aos Mighty Ducks de Anaheim en sete partidos. Miikka Kiprusoff conseguiu os trofeos William M. Jennings e Vezina como mellor porteiro da NHL,[62] mentres que os 20 goles de Dion Phaneuf foron o terceiro maior rexistro para un defensa rookie na historia da liga.[63]

A tempada de 2006 comezou cun intercambio por Alex Tanguay, anteriormente Colorado Avalanche,[64] e con Sutter renunciando ao seu posto de adestrador xefe en favor de Jim Playfair para centrarse nas súas funcións como representante xeral.[65] A pesar dunha notable mellora ofensiva do equipo e unha sólida tempada de 96 puntos, só foi o suficientemente boa para conseguir a oitava praza na Conferencia Oeste, na que sete equipos superaron a barreira dos 100 puntos. Nos play-offs, Calgary caeu na primeira rolda en seis partidos fronte aos primeiros clasificados da conferencia, os Red Wings. Durante as series, os Flames foron multados pola NHL por varias sancións ocorridas durante o quinto partido. En particular, o porteiro suplente Jamie McLennan foi suspendido por cinco partidos por atacar ao dianterio dos Red Wings Johan Franzén.[66] Franzen anotaría o gol que sentenciaría a serie na derrota dos Flames tras unha dobre prórroga no sexto partido.

Antes do inicio da tempada 2008-09, os Flames degradaron a Playfair a adestrador asociado, convertendo a Mike Keenan no terceiro adestrador en xefe en tres anos.[67] Durante a tempada, Jarome Iginla converteuse no xogador dos Flames con máis partidos xogados, superando a marca de Al MacInnis, que xogara 803 partidos coa franquía de Calgary. Iginla tamén superou a marca de 364 goles de Theoren Fleury para converterse no máximo goleador de todos os tempos dos Flames o 10 de marzo de 2008. A pesar doutra sólida tempada con 94 puntos, só puideron finalizar sétimos da Conferencia Oeste. Nos play-offs, os Flames caeron nos cuartos de final da Conferencia fronte aos campións da Pacific Division, os San Jose Sharks, en sete partidos.[68] Iginla continuou a marcar récords na franquía na tempada 2008-09, superando a marca de franquía de Fleury de 830 puntos, e anotando o seu gol número 400 na mesma noite fronte a Tampa Bay Lightning.[69] O equipo non puido avanzar máis aló da primeira rolda dos play-offs, sendo eliminados polos Chicago Blackhawks en seis partidos, que deu como resultado a dimisión do adestrador xefe Mike Keenan despois de dúas tempadas. Brent Sutter foi nomeado o seu sucesor o 23 de xuño de 2009, mais os Flames non conseguiron clasificarse para os play-offs na tempada 2009-10.[70]

2011–2014[editar | editar a fonte]

Os Flames e os Canadiens forman para un faceoff no 2011 Heritage Classic.

Os Flames esforzáronse para comezar a tempada 2010-11, caendo ao posto 14 da Conferencia Oeste no parón de Nadal. En consecuencia, a organización pediu a Darryl Sutter que se fixera a un lado como director xeral. O equipo nomeou o asistente Jay Feaster como representante xeral interino no seu lugar,[71] facéndoo permanente na seguinte tempada.[72] O equipo tentou meterse nos play-offs despois do troco, mais unha vez máis non foi quen de meterse nas series.[73]

Calgary acolleu o 2011 Heritage Classic, o Segundo partido ao aire libre do ano na NHL, no McMahon Stadium o 22 de febreiro de 2011. Os Flames derrotaron aos Canadiens por 4 goles a 0 ante 41.022 espectadores. Miikka Kiprusoff converteuse no primeiro porteiro en rexistrar un shutout nun partido ao aire libre da NHL.[74] Jarome Iginla bateu outros dous rexistros importantes ao final da tempada. Converteuse no 10º xogador na historia da NHL en marcar canto menos 30 goles en dez tempadas consecutivas,[75] e anotar o punto 1.000 da súa carreira, todos cos Flames, cun gol fronte a St. Louis Blues o 1 de abril.[76] Iginla tamén anotou o seu gol número 500 o 7 de xaneiro de 2012, fronte a Minnesota Wild. Anotou o gol fronte ao porteiro Niklas Backstrom na vitoria por 3-1 Flames.[77]

O 27 de marzo de 2013, o durante moito tempo capitán e xogador Jarome Iginla foi traspasado aos Pittsburgh Penguins a cambio de Kenny Agostino e Ben Hanowski, e unha elección na primeira rolda do draft de 2013 (Morgan Klimchuk), deixando ao equipo sen capitán por primeira vez dende o final da tempada 2002-03.[78] Antes do inicio da tempada 2013-14, Mark Giordano foi nomeado novo capitán dos Calgary Flames. A tempada 2013-14 o equipo empeorou os resultados das anteriores campañas, finalizando na 13ª posición da Conferencia Oeste, marcando un rexistro rexistro negativo de 35-40-7 e conseguindo tan só 77 puntos, tan só por diante dos Oilers, sendo un dos catro peores equipos da liga.[79]

2014-presente[editar | editar a fonte]

Os Flames aproveitaron as súas baixas clasificacións na liga nas tempadas 2012-13 e 2013-14 para escoller xoves promesas no draft como Sean Monahan, Emile Poirier, Morgan Klimchuk, e Sam Bennett - promesas que se espera que axuden ao equipo a acadar éxitos en tempadas futuras.

Na tempada 2014–15, os Flames, asistidos pola elección do draft de 2013 Monahan e outra xove promesa como Johnny Gaudreau, gañaron un dos seus últimos partidos como local fronte a Los Angeles Kings para clasificarse para os play-offs por primeira vez dende 2009, deixando fora das series aos Kings. Os Flames eliminaron os Vancouver Canucks en seis partidos na primeira rolled (sendo a primeira serie superada polo equipo dende 2004), mais caeron eliminados a mans dos Anaheim Ducks en cinco partidos na segunda rolda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. hockey-reference.com (ed.). "Calgary Flames Franchise Index" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2011. Consultado o 7 de abril de 2015. 
  2. Boer, Peter (2006). The Calgary Flames. Overtime Books. p. 12. ISBN 1-897277-07-5. 
  3. "History of the New York Islanders". Sports E-Cyclopedia. Tank Productions. Consultado o 2006-11-27. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "History of the Atlanta Flames". Sports E-Cyclopedia. Tank Productions. Consultado o 2006-11-27. 
  5. "Atlanta Flames seasons". The Internet Hockey Database. Consultado o 2008-01-03. 
  6. "New York Islanders seasons". The Internet Hockey Database. Consultado o 2008-01-03. 
  7. Hanlon, Peter and Kelso, Sean (ed.). 2006–07 Calgary Flames Media Guide. Calgary Flames Hockey Club. pp. g. 219. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Duhatschek, Eric; et al. (2001). Hockey Chronicles. New York City: Checkmark Books. ISBN 0-8160-4697-2. 
  9. 9,0 9,1 Hanlon, Peter and Kelso, Sean (ed.). 2006–07 Calgary Flames Media Guide. Calgary Flames Hockey Club. pp. g. 4. 
  10. Donovan, Michael Leo (1997). The Name Game: Football, Baseball, Hockey & Basketball How Your Favorite Sports Teams Were Named. Toronto: Warwick Publishing. ISBN 1-895629-74-8. 
  11. "Nelson Skalbania". Edmonton Oilers Heritage. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 2007-06-18. 
  12. Zeman, Gary (1986). Alberta on Ice. Heritage House. p. 94. ISBN 0-9692320-0-4. 
  13. 13,0 13,1 Hanlon, Peter and Kelso, Sean (ed.). 2007–08 Calgary Flames Media Guide. Calgary Flames Hockey Club. pp. g. 105. 
  14. Hanlon, Peter and Kelso, Sean (ed.). 2006–07 Calgary Flames Media Guide. Calgary Flames Hockey Club. pp. g. 131. 
  15. Boer, Peter (2006). The Calgary Flames. Overtime Books. p. 51. ISBN 1-897277-07-5. 
  16. "Calgary Flames Team Biography". Couchpotatohockey. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2007. Consultado o 2007-12-07. 
  17. 17,0 17,1 Dolezar, John A. (2002-09-27). "Sweeping changes". Sports Illustrated. Consultado o 2007-12-07. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 18,6 Hanlon, Peter and Kelso, Sean (ed.). 2007–08 Calgary Flames Media Guide. Calgary Flames Hockey Club. pp. g. 232. 
  19. "NHL All-Star Games". detroithockey.net. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2008. Consultado o 2008-01-03. 
  20. "Calgary Flames seasons". The Internet Hockey Database. Consultado o 2008-01-03. 
  21. NHL Playoff Formats Arquivado 17 de decembro de 2010 en Wayback Machine. at NHL.com. De 1981 a 1993, o equipo clasificado na primeira posición en cada división xogaba contra o cuarto clasificado na primeira rolda, mentres que o segundo clasificado xogou fronte ao terceiro clasificado. Os gañadores das dúas series encontrábanse entón na final de división para conseguir o dereito de xogar a final de conferencia.
  22. Johnson, George (2005-10-17). "Bile back in Battle of Alberta". ESPN. Consultado o 2008-01-03. 
  23. "Dynasty Players: Steve Smith". Edmonton Oilers Heritage. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 2007-12-07. 
  24. Swift, E.M. "SI Flashback: Stanley Cup 1986". Sports Illustrated. Consultado o 2007-12-07. 
  25. "Top 10: Game 7's". CBC Sports. Consultado o 2007-12-07. 
  26. "Biggest Stanley Cup playoff chokes". ESPN. Consultado o 2007-12-07. 
  27. Goold, Derrick (2004-01-20). "Birth of the Blues". St. Louis Post Dispatch. Consultado o 2007-12-07. [Ligazón morta]
  28. Hanlon, Peter and Kelso, Sean (ed.). 2006–07 Calgary Flames Media Guide. Calgary Flames Hockey Club. pp. g. 125. 
  29. Duhatschek, Eric (1986-08-31). "Death of top draft choice shocks Flames". Calgary Herald. p. A1. 
  30. Hanlon, Peter and Kelso, Sean (ed.). 2006–07 Calgary Flames Media Guide. Calgary Flames Hockey Club. pp. g. 124. 
  31. "Joe Nieuwendyk player profile". Hockey Hall of Fame. legendsofhockey.net. Consultado o 2007-12-07. 
  32. 32,0 32,1 32,2 Dolezar, John A (2001-08-08). "Say it aint so: Calgary Flames". Sports Illustrated. Consultado o 2007-05-14. [Ligazón morta]
  33. Hanlon, Peter and Kelso, Sean (ed.). 2006–07 Calgary Flames Media Guide. Calgary Flames Hockey Club. pp. g. 123. 
  34. Sportak, Randy (2004-04-16). "Smyl doesn't lose sleep over big save". Calgary Sun. 
  35. 35,0 35,1 Shea, Kevin (2003-04-04). "One on one with Lanny McDonald". Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2010. Consultado o 2010-12-31. 
  36. "Al MacInnis". Hockey Hall of Fame. legendsofhockey.net. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 2000-01-04. 
  37. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2011. Consultado o 25 de marzo de 2015. 
  38. "New Rules for Rookies". New York Times. 1990-06-20. Consultado o 2007-06-10. 
  39. "One on One with Cliff Fletcher". Hockey Hall of Fame. legendsofhockey.net. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2010. Consultado o 2007-05-14. 
  40. "Gilmour begins again with Leafs in Calgary". CBC Sports. 2003-04-13. Consultado o 2007-05-14. 
  41. "History of the Calgary Flames". Sports E-Cyclopedia. Tank Productions. Consultado o 2008-01-26. 
  42. 42,0 42,1 Gardiner, Andy (2004-05-25). "Flames: Bright spot for Canada". USA Today. Consultado o 2007-12-07. 
  43. Cox, Damien (2007-11-07). "What is Ottawa's success worth to Canadians, NHL? A lot". ESPN. Consultado o 2007-12-06. 
  44. "Colorado gets Fleury". Hockeynut.com. Consultado o 2008-09-16. 
  45. "Emotional Fleury finds new home with Avalanche". Canoe.ca. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2012. Consultado o 2008-09-16. 
  46. "Flames aim to save team by end of June". CBC Sports. 2000-05-18. Consultado o 2007-12-06. 
  47. "Flames reach season ticket goal". CBC Sports. 2000-11-10. Consultado o 2007-12-06. 
  48. "Jarome Iginla". hockeydb.com. Consultado o 2007-12-07. 
  49. Hanlon, Peter and Kelso, Sean (ed.). 2006–07 Calgary Flames Media Guide. Calgary Flames Hockey Club. pp. g. 61. 
  50. "Flames hire coach Darryl Sutter". CBC Sports. 2002-12-28. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  51. Johnson, George (2006-01-23). "In Sutter, Flames (and fans) trust". ESPN. Consultado o 2008-01-04. 
  52. "Miikka Kiprusoff profile". tsn.ca. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 2008-01-04. 
  53. "Miikka Kiprusoff profile". nhlpa.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2007. Consultado o 2008-01-04. 
  54. "Flames reach Stanley Cup finals". CBC Sports. 2004-05-20. Consultado o 2006-11-28. 
  55. "Recap: Calgary 3, Vancouver 2, OT". Yahoo! Sports. 2004-04-20. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 2006-11-28. 
  56. Hwang, Rosa (2004-05-28). "Cheering for the home team". CBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2006. Consultado o 2006-11-28. 
  57. "Martin dubs Calgary Flames 'Canada's Team'". CTV Sports. 2004-05-30. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2007. Consultado o 2006-12-23. 
  58. Cristodero, Damian (2004-06-06). "One last shot". St. Petersburg Times. Consultado o 2006-11-28. 
  59. Bergman, Brian (2004-06-21). "The Flames nearly brought the Stanley Cup home, and grateful Calgary gave thanks". Maclean's Magazine (The Canadian Encyclopedia). Arquivado dende o orixinal (Reprint) o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 2006-11-28. 
  60. Podel, Ira (2005-01-19). "Linden, Hotchkiss to meet again". USA Today. Consultado o 2008-01-04. 
  61. Dalla Costa, Morris (2007-09-21). "Hotchkiss happy where NHL is now". Calgary Sun. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 2008-01-04. 
  62. Sportak, Randy (2006-06-23). "Real Hart-breaker". Calgary Sun. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 2010-12-31. 
  63. Molinaro, John F. (2006-04-25). "Phaneufs game belies his age". Canadian Broadcasting Corporation. Consultado o 2010-12-31. 
  64. "Avs send Tanguay to Flames for Leopold, picks". nhl.com. 2006-05-04. Consultado o 2006-11-28. 
  65. "Sutter steps down as Flames coach". TSN. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2006-11-28. 
  66. Duhatschek, Eric (2007-04-22). "Five-game suspension for McLennan". The Globe and Mail. Consultado o 2007-12-07. 
  67. "Flames name Keenan new head coach". TSN. 2007-06-14. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2007. Consultado o 2007-12-07. 
  68. "Iginla Tops Flames' Goal Record in Win". FOX News. 2008-03-11. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2008. Consultado o 2009-08-18. 
  69. "Lightning rain on Iginla's record-setting night". The Sports Network. 2009-03-01. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2011. Consultado o 2009-03-02. 
  70. Johnson, George (2010-04-07). "Sutter's blueprint has failed". Calgary Herald. 
  71. Hall, Vicki (2010-12-28). "Darryl Sutter resigns as Flames GM, Brent stays". Calgary Herald. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2011-05-16. 
  72. "Flames make Feaster permanent GM". Canadian Broadcasting Corporation. 2011-05-16. Consultado o 2011-05-16. 
  73. "Jarome Iginla has hat trick and an assist for Calgary, Flames still eliminated". ESPN. 2011-04-06. Consultado o 2011-04-06. 
  74. Brownlee, Robin (2011-02-20). "Kiprusoff bests temps, pucks, for first outdoor shutout". National Hockey League. Consultado o 2011-02-21. 
  75. "Iginla tops 30 goals in 10th straight year in win over Preds". The Sports Network. 2011-03-06. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 2011-03-07. 
  76. "Jarome Iginla reaches 1,000 points as Flames rally past Blues". ESPN. 2011-04-01. Consultado o 2011-04-01. 
  77. "Iggy pops goal No. 500". The Toronto Sun. 2012-01-08. Consultado o 2012-01-08. 
  78. http://penguins.nhl.com/club/news.htm?id=662505
  79. NHL.com (ed.). "2013-2014 Standings" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]