Historia de Bangkok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bangkok (hoxe o barrio de Thon Buri) comezou como un pequeno centro comercial e comunidade portuaria, chamada Bang Makok (lugar de ameixeiras oliváceas), servindo á cidade de Ayutthaya, que era a capital de Siam ata que caese en mans de Birmania en 1767. O xeneral Taksin, volto rei, repregou río abaixo sobre esta paraxe e decidiu fundar nel a nova capital en Thon Buri sobre o lado oeste do río Chao Phraya. Volto demente, asasinouno e substituíno o xeneral Chakri que, baixo o nome de Rama I º, volveuse o primeiro rei da nova dinastía Chakri, que reina aínda hoxe. En 1782, decidiu, por razóns de defensa, transferir a capital sobre a beira esquerda e construíu un pazo fortificado, hoxe o Gran Pazo. É esta data a que está retida como fundación da cidade.

O nome de Bangkok non foi utilizado xa polos tailandeses dende a fundación desta capital. Certos habitantes das provincias máis botadas cara a atrás do país nin sequera nunca oiron falar deste nome. Por razóns descoñecidas, esta mudanza non nunca percibiron os estranxeiros, que persisten, máis de 200 anos máis tarde, en considerar inxustamente que o nome oficial é Bangkok [1].

Entre os séculos XIV e XVI desenrolóuse na beira oriental do Chao Phraya (actual distrito ou barrio de Thonburi), preto xa da súa foz, un pequeno centro pesqueiro, portuario e comercial, Bang Makok, que servía os intereses da capital homónima do reino de Ayutthaya (precursor do reino de Siam), uns cen quilómetros augas arriba.

Durante o reinado de Chairachathiraj (1534-46), excavouse un canal no gran meandro do río onde Bangkok se atopaba para acurtar o traxecto ata a capital. Iso fixo estratéxica a súa posición. E así, co esplendor de Ayutthaya no século XVII (no que converteuse nuhna das maiores cidades do mundo), Bangkok deveu un porto de entrada obrigado, co florecemento subseguinte de negocios e servizos. Ademais era o centro dunha feraz zona agrícola (arroceira e frutícola). No 1687, nuhna época de loita por grandes intereses coloniais, o rei Narai fai a concesión do porto aos franceses para conter os holandeses. Constrúese o forte Wichayen (hoxe Wichaiprasit) e outro máis na beira oposta para defendelo.

En 1767 Ayutthaya cae en poder dos birmanos e os fuxidos establecen, co autoproclamado rei Taksin, un reino con capital en Bang Makok que coñécese coma Thon Buri (o complexo pacego ao carón do Wat Arum)[2]. En 1771 arrodéase dunha muralla.

En 1782 o seu sucesor decide, por ser máis defendible, trasladala capital á beira oposta do río, a oriental, co que ten lugar a fundación oficial de Bangkok, cun nome ceremonial do que o seu comezo di Krung Thep ( "cidade dos anxos"). Trátase do rei Rama I, quen vai iniciar un vasto programa constructivo que sentará as bases da metrópole actual.

Así, constrúe un Gran Pazo co templo do Buda Esmeralda [3],[4] a beira do Chao Phraya entre dous templos xa existentes dende o século XVII, o Wat Pho no sur e o Wat Mahathat no norte, que amplía e renova. Ao leste protexe o complexo un primeiro canal (Lod o Lord) excavado en tempos do rei Taksin. Un segundo canal é construído en 1785 máis ao leste, o Rob Krung, fortificado cunha muralla que continuaba tamén polo lado do río e que contaba con 14 fortes [5]. Ista será a illa con forma de améndoa que coñeceráse coma Rattanakosin e que nomeará toda unha era [6]. A de Thailandia coma único país do sudeste asiático manténdose independente dos poderes coloniais .

O século XIX verá o desenrolo e modernización da urbe: pavimentación,novas avenidas (Rajdamnem), transporte público (tranvía, ferrocarril), etc. En 1851-4 excávase un terceiro canal ao leste (Padung Krung Kasen)[7]. Os canais (klong) foron dende sempre (coma sustitutivos das rúas para o transporte de bens e persoas), e son (de cara ao turismo) unha característica esencial da paisaxe urbana de Bangkok ("Venecia do leste") [8].

No século vinte, a construción de pontes sobre o Chao Phraya (en 1932 a primeira, a ponte Memorial) vai permitir a extensión da cidade terra adentro nambalas duas beiras, ata conformarse a metrópole de dez millóns de habitantes que é hoxe en día [9].

Notas [editar]

  1. Krung Thep, the full name (en inglés)
  2. [1]
  3. [2]
  4. [3]
  5. [4][5]
  6. [6]
  7. [7]
  8. [8]
  9. [9]