Historia da arte occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A historia da arte occidental redúcese en grande parte á historia da arte europea dende a Idade Media e á arte clásica greco-romana; así como ao comezo da arte xunto coa historia nas civilizacións que se consideran os seus precedentes (Exipto e Próximo Oriente). As manifestacións artísticas de épocas anteriores no continente europeo e a conca do Mediterráneo son moi diversas, pois aínda que algunhas están moi afastadas no tempo e presentan unha gran distancia cultural (arte prehistórica); outras non (megalitismo, arte protohistórico).

A causa desa limitación ten que ver, como é lóxico, con que o estudo da historia da arte nace como disciplina no Renacemento italiano; e con que Europa (sobre todo Francia e Inglaterra, e moi especialmente os países de lingua alemá) continuou acollendo os núcleos principais dos historiadores e estudosos da arte até mediados do século XX, momento no que, tras a Segunda Guerra Mundial, tamén os Estados Unidos pasan a ser un centro de produción artística e de crítica e historia da arte de primeira orde. Menos atención recibiron as producións artísticas doutras civilizacións, e mesmo as de zonas periféricas da mesma civilización occidental (como a América colonial), independentemente da consideración que poida facerse da súa importancia comparada coa das zonas centrais da civilización occidental. Tal orientación adoita ser acusada de eurocentrismo por parte dos partidarios dunha perspectiva global.[1]

Arte antiga[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Arte antiga.

É na Antigüidade cando xorden os primeiros conceptos teóricos respecto á sistemacización e estudo das artes. Aínda que cubra un período bastante longo, destácase aí a formulación da estética clásica, reunindo as culturas grego e romana.

Durante practicamente toda a Antigüidade, a arte estivo bastante asociada ás necesidades formais dos rituais relixiosos: as varias formas de produción artística (pintura, escultura, arquitectura), buscaban dalgunha forma traer para o mundo mortal os valores do mundo divino. Esta visión de arte é especialmente encontrada nos exipcios e babilonicos. Os gregos e romanos, porén, aínda que cultiven esta necesidade, camiñarán para unha arte con novos significados. A arte, para eles, tornarase unha forma de humanismo.

Non existía a noción de perspectiva, que só foi (brevemente) desenvolvida polos gregos, nun concepto chamado escorzo, mais aínda non sistematizado (algo que será feito só no Renacemento). Desta forma, a pintura exipcia, por exemplo, caracterizouse por propor unha realidade nas súas pinturas que se mostraba non só bidimensional senón tamén simbólica: os personaxes de maior importancia, como os faraóns, eran representados nunha escala ben maior que as demais figuras.

Arte clásica: Grecia e Roma[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Arte clásica.
Estatuária clásica

Os grego son responsábeis polo concepto de arte que *permeará practicamente toda a produción occidental durante máis de 2000 anos. A palabra grega para a arte é tekné, que tamén significa técnica ou ofício. Este concepto está asociado á idea de mímese, que considera que no mundo real, a manifestación artística debe representar a busca do ideal. O ideal, para os grego, é representado pola perfección da Natureza, desta forma, a arte debe ser perfecta. Por tanto, segundo o punto de vista clásico, a arte é imitación da Natureza, máis non se resume a un simple retrato dela, máis á busca dunha Natureza ideal e universal. A busca deste ideal universal de Natureza é, para a arte clásica, a busca da Beleza universal, pois a Natureza, sendo perfecta, é bela. Non existe separación, segundo este punto de vista, entre arte, ciencia, matemática e filosofía: todo o coñecemento humano está posto ná busca da perfección.

Os grego son responsábeis tamén por unha serie de adiantos do punto de vista técnico da produción artística. A arte grega por excelência foi a escultura: os grego desenvolvérona de forma impresionante, considerados os exemplares doutras culturas do mesmo período. A busca polas relacións naturais perfectas levou tamén a que a estatuária grega establecese determinados patróns de beleza que a tornaban, aínda que absolutamente naturalista, distante da realidade cotiá. As proporcións dos corpos humanos ideais seguían normas ríxidas, de forma que a produción escultórica fose unha busca e unha consecuencia destes patróns: como exemplo, a altura do corpo masculino debería posuír aproximadamente sete veces e media a altura da cabeza. Esta canonización chegou até os días actuais principalmente pola preservación dos textos vitruvianos durante a Idade Media, mais é posíbel que tratados diversos posuísen regras distintas.

Arte medieval[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Arte medieval.
Pintura medieval: pedagóxica, relixiosa

Durante a Idade Media a arte estivo predominantemente comprometida co proxecto de difusión e propaganda do Cristianismo europeo. Durante este período, visto que a vasta maioría dos campesiños era iletrada, as artes visuais eran o principal método para comunicar as ideas relixiosas aos fieis, xuntamente da presentación de sermóns. A Igrexa Católica era unha das poucas institucións ricas o suficiente para remunerar a obra dos artistas, e por tanto a maior parte das obras eran de natureza relixiosa (condicionando o que se coñece por arte sacra).

Desde a caída do Imperio Romano, moitas das técnicas artísticas desenvolvidas na Grecia Antiga foron perdidas, o que levou a pintura medieval a ser predominantemente bidimensional. Como non había ningunha noción de perspectiva na produción artística do período, as personaxes retratadas eran pintadas maiores ou menores de acordo con súa importancia e seu simbolismo e non de acordo con súa posición relativa á tea e ao ollo do observador. Ao lado da pintura, a tapicería era a máis importante forma de arte medieval: as pezas de tapicería eran elementos necesarios para manter a calor interna dos castelos no inverno (os cales eran construídos predominantemente con pedra). A máis famosa tapeceria medieval é o ciclo coñecido como A señora e o unicórnio.

As dúas principais manifestacións arquitetônicas (principalmente relacionadas á construción de catedrais) eran o románico (até mediados do século XII) e o gótico (de mediados do século XII en diante). A pesar de ambas seren normalmente asociadas a distintos períodos históricos, elas nunca deixaron de ser construídas e eventualmente manifestábanse paralelamente. Destácase tamén a formación das corporacións de ofícios, especialmente durante o período do Renascimento comercial, reunindo artesáns que detiñan o monopolio do coñecemento práctico de determinado asunto.

Vale resaltar que o pobo durante a Idade Media non posuía o hábito da lectura, visto que eran poucos aqueles que tiñan acceso á escrita e que podían ler. Por tanto, as artes visuais foron un dos principais medios encontrados pola Igrexa Católica de pasar para a sociedade os valores do cristianismo.

A maioría dos artistas medievais eran anónimos e o traballo colectivo era bastante común. Alén diso, é difícil identificar artistas individuais no período.

O Renacemento[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Renacemento.
O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci é o símbolo do espírito humanista da Renascença. A arte do período *reflete as características do deseño: clasicismo, razón e simetría.

Durante a Idade Media europea, as pinturas e esculturas tendían a focalizar a relixión, máis especialmente o Cristianismo. A medida que a Renascença emerxe, porén, o foco dos artistas descólase para o pasado clásico, buscando influencias na Grecia e Roma antigas, levando a profundas mudanzas tanto nos aspectos técnicos canto nos motivos e temáticas da pintura e escultura. Os pintores, entón, pasan a aumentar o realismo de seus traballos usando as novas técnicas da perspectiva (recentemente-redescoberta e bastante desenvolvida), representando máis autenticamente as tres dimensións. A manipulación da luz e sombra, como o contraste de ton evidente nos traballos de Ticciano, foi aprimorada coas técnicas do chiaroscuro e do sfummato desenvolvidas por Leonardo da Vinci. Os escultores, tamén, redescobriran moitas técnicas antigas como o *contrapposto.

Seguindo o espírito humanista do período, a arte tornouse máis laica en súas temáticas, buscando motivos na mitologia clásica en adição aos temas cristiáns. Este xénero de arte acostuma ser chamado de clasicismo renascentista. Os tres máis influentes artistas renacentistas son Leonardo da Vinci, Michelangelo Buonarroti e Rafael Sânzio, pertencentes á Renascença italiana.

Outra figura igualmente importante mais menos coñecida do Renacemento (neste caso, da renascença flamenca) é Jan van Eyck, pintor neerlandês.

Períodos relevantes

Maneirismo, barroco e rococó[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Maneirismo, barroco, rococó

Retrato de Rembrandt.

Na arte europea, o clasicismo renacentista desmembrou-se en dous movementos distintos: o maneirismo e o barroco. O primeiro, unha reacción contra a perfección idealista do clasicismo, empregou a distorsión da luz e dos espazos da obra a fin de enfatizar seu contido emocional e as emocións do artista. A arte barroca levou o representacionismo da Renascença para novos *patamares, enfatizando detalles e movemento na súa busca pola beleza. Talvez os máis coñecidos pintores barrocos sexan Rembrandt, Peter Paul Rubens e Diego Velázquez.

A arte barroca é frecuentemente vista como parte da estratexia católica da Contrarreforma: o elemento artístico do *revivescimento da vida espiritual na Igrexa Católica . Alén diso, a ênfase que a arte barroca deu á grandiosidade é vista como un reflexo do Absolutismo. Luís XIV dixen: "Eu son a grandiosidade encarnada", e moitos artistas barrocos serviron aos reis procurando por ese mesmo obxectivo. Non obstante o amor barroco polo detalle é con frecuencia considerado como resultando nun excesivo ornamentalismo e, de certa forma, vulgar, especialmente cando o barroco evoluciona para o estilo decorativo do rococó. Tras a morte de Luís XIV, o rococó floreceu por un curto período, decaindo axiña. Efectivamente, a aversión á ornamentación excesiva do rococó foi o ímpeto para o advento do neoclasicismo.

Períodos relevantes

Neoclasicismo, romanticismo, academicismo, realismo[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Neoclasicismo, romanticismo, academicismo, realismo

David é o neoclásico paradigmático

A medida que o tempo pasaba, moitos artistas colocáronse contrarios ao ornamentalismo dos estilos anteriores e buscaron a arte anterior, máis simple, do Renascimento, formando o que ficou coñecido por neoclasicismo. O neoclásico foi o compoñente artístico do movemento intelectual coñecido por Iluminismo, o cal era igualmente idealista. Ingres, Canova e Jacques-Louis David están entre os máis coñecidos neoclásicos.

Da mesma maneira que o *maneirismo rexeitaba o clasicismo, o romanticismo rexeitaba as ideas iluministas e a estética neoclásica. A arte romántica enfocaba o uso da cor e do xesto a fin de retratar a emoción, mais, como o *clascismo, usaba a mitoloxía clásica e a tradición como unha importante fonte de simbolismo. Outro importante aspecto do romanticismo foi súa énfase na natureza e no retrato do poder e da beleza do mundo natural, sempre idealizados de acordo cun eu. O romanticismo foi tamén un gran movemento literario, especialmente na poesía. Entre os maiores artistas románticos están Eugène Delacroix, Goya, e William Blake.

A Liberdade guiando ó pobo, de Eugène Delacroix, é un dos cadros máis famosos do Romanticismo.

Moitos artistas deste período tenderon a presentar unha posición centralizadora que levounos a adoptar simultaneamente características distintas dos estilos romántico e neoclásico, de forma a sintetizá-los. As varias tentativas tomaron lugar na Academia Francesa, e colectivamente son reunidas na arte académica. Considérase que William-Adolphe Bouguereau encabece esta tendencia da arte.

No inicio do século XIX, porén, a *feição da Europa tornouse radicalmente alterada pola industrialización. A pobreza, miseria e desespero estaban para ser o destino do novo proletariado creado pola "revolución". En resposta a estas mudanzas acontecendo na sociedade, xurdiu o movemento realista. O realismo procurou retratar *acuradamente as condicións e dificultades das clases populares na esperanza de alterar a sociedade. Para o movemento, o artista debe representar o seu tempo, sen no entanto tomar un partido definido: debe retratar os puntos que considerar adecuados, denunciándoos á sociedade. En contraste cos románticos, que eran esencialmente optimistas co destino humano, o realismo retratou a vida nas profundidades dunha terra urbana sen orde. Como o romanticismo, desenvolveuse tamén como un movemento literario. Entre os grandes pintores realistas están Gustave Coubert e Edouard Manet (este abre camiño para o impresionismo).

É interesante notar que, aínda que o neoclasicismo fose deixado para tras cando do advento dos novos estilos, el continuou a existir puntualmente e, en certos lugares, a arquitectura neoclásica perdurou até o inicio do século XX.

Períodos relevantes

Impresionismo, postimpresionismo[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Impresionismo, Postimpresionismo

Van Gogh representa unha das tendencias do Pos-impresionismo.

Xurdindo da ética naturalista do realismo, mais ao mesmo tempo afastándose dela, creceu un gran movemento artístico: o impresionismo. A fotografía xorde tomando o lugar da pintura de retratos e os artistas se volveron para a busca do elemento fundamental da pintura, a se destacar da fotografía. Pensárono na luz e no movemento. Os impresionistas foron os pioneiros no uso da luz na pintura como forma de capturar a vida como vista polos ollos humanos. Edgar Degas, Edouart Manet, Claude Monet, Camille Pissarro e Pierre-Auguste Renoir estaban todos envolvidos co movemento impresionista.

Buscando novas formas de expresión ou de diálogo coa realidade, xurdiron artistas que, aínda que cunha orixe impresionista, destacáronse do movemento, prevendo o advento do moderno. Xenericamente chamados de pos-impresionistas, os integrantes deste grupo (que non posuía calquera conexión formal, sendo que moitas veces eran descoñecidos uns dos outros) incluían Vincent van Gogh, Paul Gauguin e Paul Cézanne.

Arte moderna[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Arte moderna.

Aínda que a *conceituação da arte moderna sexa complicada (dependendo do punto de vista, ela pode abarcar períodos e movementos diversos), acostuma haber un consenso de que ela está estritamente relacionada coas vangardas artísticas que se *proliferaram no inicio do século XX, consideradas como un desdobramento da obra do trio Van Gogh-Gauguin-Cezànne. De calquera forma, a idea de moderno está en xeral relacionada cunha nova forma de lidar co problema estético, repudiando as regras da tradición e buscando o "espírito da época". Por causa disto, os varios movementos ditos modernos son, moitas veces, antagônicos.

Seguindo os impresionistas viñeron os fauves, ás veces considerado como o primeiro xénero "moderno" da arte. Así como os impresionistas revolucionaran o uso da luz, tamén os fauves o fixeron coa cor, ao repensá-la mentres expresión. Tras o fovismo, a arte moderna comezou a se desenvolver en todas as formas, indo do expresionismo (preocupado na *evocação da emoción a través de traballos obxectivos de arte) ao cubismo (repensando o espazo bidimensional e súa relación co espazo tridimensional) e ao abstracionismo. Estas novas formas de arte aumentaron os límites das nocións tradicionais do que é "arte" e correspondían ás mudanzas similares que acontecían na sociedade humana, na tecnoloxía e no pensamento.

O surrealismo é normalmente clasificado como unha forma de arte moderna. Porén, os propios surrealistas se propuxeron o estudo do surrealismo como unha nova era na historia da arte, dicindo que aquela noción (surrealismo mentres unha das faces da arte do período) simplificaba *demasiadamente a complexidade do movemento (que non debería ser un movemento artístico), non mostraría adecuadamente a relación do surrealismo coa estética e falsamente o caracterizaría como un movemento restrinxido a un determinado período. Os surrealistas estaban preocupados coa escrita automática do ser humano, reveladora de seu subconsciente.

Outras formas de arte moderna (algunhas das cales relaciónanse coa arte contemporánea) inclúen:

Arte contemporánea[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Arte contemporánea.

Aínda que o eixe cultural internacional continúe sendo predominantemente occidental, tendo en Nova York e París súas capitais tradicionais, a arte practicada nos últimos 50 anos ten, en xeral roto con este límite: a arte practicada no Oriente, na África e outros locais ten ganancia máis destaque. Desta forma, a arte deixa de estar limitada aos conceptos occidentais tradicionais, incorporando novas culturas e afastándoa cada vez máis da idea dunha "tradición artística vernácula". Hai, porén, diversos críticos que alegan que, aínda que exista unha aparente internacionalização da cultura, o ideario occidental continúa sendo vendido como modelo, e todo o que for estranxeiro é vendido (e consumido) como "exótico".

Entre os movementos da arte contemporánea que se destacan están:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estudosos coma Giulio Carlo Argan, consideran a arte contemporánea como un desbordamento da crise da arte en canto a ciencia europea.
    Os estudos sobre historia da arte, doutra banda, adoitan centrarse na pintura, a arquitectura e maila escultura, deixando de lado outras pólas como a literatura ou a música, as cales son estudadas en traballos máis especializados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ARGAN, Giulio Carlo; Arte moderna; São Paulo:Editora Compañía das Letras, 1992 ISBN 85-7164-251-6
  • GOMBRICH; E. H.; Historia da Arte; São Paulo: LTC Editora. ISBN 85-216-1185-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]