Gregorio de Tours

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Historia Francorum")
Estatua de Gregorio de Tours

Gregorio de Tours - Georgius Florentius Gregorius, nado no 538 en Riom, preto de Clermont e morto no 594 en Tours, foi bispo de Tours, historiador da igrexa, dos francos e de Auvernia. Gregorio pasou toda a súa vida na Galia, servindo aos reis merovinxios de Austrasia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gregorio pertencía a unha prestixiosa e influente familia galorromana de rango senatorial cuxos membros serviran anteriormente aos emperadores romanos e servían agora aos reis francos. Desde o século V estaban ao cargo de varias sedes episcopais, especialmente as de Lyon, Tours e Arles, mentres que a súa familia materna rexentaba a de Langres.

O seu pai morreu sendo el moi novo, polo que creceu coa súa nai preto de Cavaillon. Logo trasladouse a Clermont, onde a súa formación estivo a cargo do seu tío Gall, bispo de Clermont (morto en 551) e do arquidiácono Avito. En 563 foi enviado a Lyon, para acabar os seus estudos co seu tío Nizier, bispo de Lyon.

Pouco despois, foi ordenado diácono e establécese na basílica de Saint-Julien de Brioude, onde permaneceu ata o ano 573.

En 573, tendo 34 anos de idade, foi designado para suceder ao seu curmán materno Eufronio como bispo de Tours grazas á boa vontade do rei Sixeberto I de Austrasia (561-575) e da raíña Brunequilda. Esta cidade estaba baixo autoridade austrasiana e era unha das máis importantes sedes episcopais da Galia.

A partir de entón exerceu o seu episcopado no marco das loitas civís que esgazan o reino franco durante a segunda metade do século VI. Viaxou con moita frecuencia para asistir a concilios ou tratar asuntos políticos.

Polas súas orixes e a súa gran cultura, Gregorio é un herdeiro da Antigüidade, lector de Virxilio, Sidonio Apolinar e Marciano Capela.

Obras[editar | editar a fonte]

A Historia dos francos[editar | editar a fonte]

A obra maior de Gregorio de Tours ten sobrevivido en varios manuscritos da Idade Media en versións máis ou menos alteradas con respecto ao orixinal. Normalmente é denominada Historia dos francos [H.F.].

En realidade, trátase dunha «Historia eclesiástica», orixinalmente titulada Dez Libros de Historia, tradución correcta do título latino, que ten como vocación trazar a historia da Igrexa universal nunha perspectiva cristiá, escatolóxica, desde a xénese do mundo até ao reinado dos reis francos, en 572. Engádese unha escolma de historias de vidas de santos galos, reunidos so o nome de Libro(s) dos milagres e compostos despois de 570.

Evidentemente a historia tomada en conxunto posúe un carácter edificante. Céntrase moito na Galia merovinxia que Gregorio ben coñece: cinco dos dez libro se o Libro dos milagres concirnen o tempo do autor. Este debuxa un retrato máis ben sombrío, poñendo o acento sobre as consecuencias desastrosas do comportamento de certos reis por oposición ao comportamento dos seus devanceiros cristiáns, comezando por Clodoveo.

Tamén, en razón dos eu tema central, a obra puido ser rebautizada tardiamente Historia dos francos (Historia Francorum) ou Xesta dos francos (Gesta Francorum) ou mesmo, mías simplemente Crónicas (Chronicae). En todo caso fai de Gregorio o pai dunha «historia nacional» dos francos, o principal historiador dos merovinxios e a fonte maior da que dispoñemos sobre os reinados destes últimos.

Ademais, a Historia dos francos puido servir de inspiración, especialmente, a Beda o Venerábel que foio autor a principios do século VIII dunha Historia eclesiástica do pobo inglés (Historia ecclesiastica gentis Anglorum). A obra de Beda – unha das máis populares en Europa durante a Idade Media – puido valerlle á súa vez a denominación de Historia eclesiástica dos francos (Historia ecclesiastica Francorum) ao texto de Gregorio de Tours.

A Historia dos francos foi continuada por mans anónimas durante os séculos seguintes: estas coñécense so os nomes de Fredegario e Pseudo-Fredegario. A primeira impresión do libro, realizada en París, data de 1561.

Nesta obra atópanse algunhas das primeiras referencias ao Reino de Galiza[1]

Outras obras[editar | editar a fonte]

Velaquí a lista das restantes obras atribuídas a Gregorio de Tours, segundo alista proposta polo académico francés François Guizot (1787-1874), que foio autor dunha tradución da Historia dos francos e dunha Noticia sobre Gregorio de Tours :

  • tratado Á gloria dos mártires, escolma de lenda sen cento sete capítulos, consagrada á narración dos milagres dos mártires.
  • tratado dos Milagres de San Xián de Brioude, mártir en Brioude en Auverña, en cincuenta capítulos.
  • tratado Á gloria dos Confesores (In Gloria confessorum), en cento doce capítulos.
  • tratado dos Milagres de San Martiño de Tours, en catro livros.
  • noticias sobre as Vidas dos Pais, contendo a historia de vinte e dous santos ou santas da Igrexa das Galias, en vinte capítulos.
  • tratado dos Milagres do apóstolo Santo André.
  • tratado sobre o Curso das estrelas.

As seguinte sobras perdéronse:

  • Comentario do Psalterio.
  • tratado sobre os Oficios da Igrexa.
  • prefacio ao tratado das Misas de Sidonio Apolinar.
  • tradución latina da Paixón dos Sete Durmintes de Éfeso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia dos Francos, 43. De Galliciensibus regibus. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Grégoire de Tours: Historia des francs]], éd. Belles lettres, coll. « Classiques de l'Histoire », París, 1980 ISBN 2-251-34037-8
  • Gregorio de Tours: Historias, ed. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Extremadura, col. Tempus Werrae, Cáceres, 2013 ISBN 84-7723-190-5
  • Luce Petri, La ville de Tours du IVe au VIe, coll. École française de Rome, 1983
  • Thierry Dutour, La ciudad medieval: orígenes y triunfo de la Europa urbana, p. 38-39. — Paidós, Buenos Aires, 2005. ISBN 950-12-5043-1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]