Hiperpotasemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A hiperpotasemia é un trastorno hidroelectrolítico que afecta ao potasio no que os niveis sanguíneos deste ión están elevados por riba de 5,5 mEq/kg. O potasio é un ion fundamentalmente intracelular, que se introduce na célula cando actúa a insulina, nunha descarga β adrenérxica ou na alcalose. Á súa vez, sae da célula nas acedoses.

Pseudohiperpotasemias[editar | editar a fonte]

Cando unha extracción sanguínea se complica e pasa moito tempo sen que algún tecido reciba sangue, pode ocorrer unha pseudohiperpotasemia. Cando falta sangue aparecen procesos necróticos e acedose, co que o potasio sae da célula xerando na mostra de sangue unha aparente hiperpotasemia. Porén, a concentración do potasio nestas mostras non é representativa da potasemia sistémica.

Causas de hiperpotasemias[editar | editar a fonte]

Existen varios tipos de causas de hiperpotasemias:

  • Escasa excreción renal: o ril non é quen de eliminar o suficiente potasio. Por exemplo, nalgúns enfermos tratados con IECAs.
  • En enfermidades que cursen con elevada morte celular, por exemplo nas hemólises intensas.

Manifestacións clínicas[editar | editar a fonte]

Aparecen nos casos moderados ou graves (potasio por riba de 6 ou 7 mEq/kg). As manifestacións máis notables acontecen a nivel cardíaco. Reflíctense no electrocardiograma con atraso do segmento Q-R e unha maior intensidade da onda T. Nos niveis máis graves aparecen arritmias, descenso da velocidade de condución, taquicardia e finalmente fibrilación.

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento primordial deste trastorno baséase en tratar a súa orixe. Por outra banda, é preciso reducir a concentración sérica de potasio mentres actúa o tratamento etiolóxico. Para iso empréganse:

  • Gluconato cálcico: que protexe a función cardíaca.
  • Insulina, que introduce o potasio dentro da célula.
  • Resina de intercambio iónico
  • Ión bicarbonato, para alcalinizar a ouriña e favorecer a excreción renal de potasio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]