Hiperpaxinación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nos sistemas operativos, denomínase hiperpaxinación (thrashing en inglés) á situación na que se utilizan unha cantidade crecente de recursos para facer unha cantidade de traballo cada vez menor.

Descrición[editar | editar a fonte]

Usualmente, refírese a cando se cargan e descargan sucesiva e constantemente partes da imaxe dun proceso dende e cara á memoria principal e a memoria virtual ou espazo de intercambio. Nun estado normal, isto permite que un proceso bloqueado e non listo para traballar deixe lugar na memoria principal a outro proceso listo. Cando se produce a hiperpaxinación, os ciclos do procesador utilízanse en levar e traer páxinas (ou segmentos, segundo sexa o caso) e o rendemento xeral do sistema degrádase notablemente.

Orixe[editar | editar a fonte]

O termo foi utilizado por primeira vez durante a época na que os sistemas operativos funcionaban sobre fitas magnéticas para describir o son que as fitas facían cando se lían e escribían datos a alta velocidade. Gran cantidade de computadores persoais de baixa gama non posúen memoria RAM abondo para os patróns de uso actuais.

Prevención[editar | editar a fonte]

As formas de evitar a hiperpaxinación foron unha área importante de investigación nos anos 70 e desenvolvéronse varios algoritmos complexos pero efectivos. Estes baséanse na idea de intentar adiviñar as páxinas que van ser utilizadas proximamente, baseados na súa historia recente e utilizando como hipótese o principio de proximidade de referencias. Estes son os denominados Algoritmos de substitución de páxinas.

Dende un punto de vista máis práctico, pódese evitar a hiperpaxinación:

  1. Aumentando a cantidade de memoria RAM (xeralmente, a mellor solución a longo prazo).
  2. Diminuíndo a cantidade de aplicacións a traballar no computador.
  3. Axustando o tamaño da partición de intercambio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]