Hipanto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corte dunha rosa (flor epixínea) onde se aprecia o hipanto a arrodear os ovarios. Externamente podería semellar un só ovario. Ese hipanto formará o falso froito da roseira.

Hipanto (do latín hypanthium, e este do grego ύπό hipo, debaixo e άνθος antos, flor)[1] é o receptáculo cóncavo das flores con ovario ínfero sobre o que aparentemente nacen o cáliz, a corola e mais os estames. Case sempre está formado pola fusión das bases dos verticilios florais inferiores —sépalos, pétalos e androceo (estames)— entre si.

A súa presenza é un carácter de diagnóstico en moitas familias, incluíndo as rosáceas, grosulariáceas e leguminosas.

Nalgúns casos pode ser tan profundo que fai semellar que a flor tivese un único ovario ínfero. A súa formación prodúcese a partir do receptáculo acopado, coma o pseudofroito ou cinorrodón da roseira, formado por agrandamento do receptáculo cupular que porta no seu interior aos aquenios.

En ocasións é chamado erroneamente «tubo calicino». No xénero Eucalyptus esta estrutura é comunmente coñecida coma «útero de goma».

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Font Quer, P. (1982)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Font Quer, P. (1982). Diccionario de botánica. pp. 1244.