Hipólito de Sá Bravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hipólito de Sá Bravo, nado en Pontevedra o 30 de xaneiro de 1907 e finado en Vigo o 16 de agosto de 2001, foi un escritor galego.

Índice

Traxectoria [editar]

Cursou a carreira sacerdotal en Herbón. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca e diplomado en Letras pola Universidade de Madrid, foi profesor de música e de historia da arte medieval. En 1969 organizou a I Exposición do Románico do Baixo Miño e en 1978 fundou o Grupo Cultural Amigos del Románico, do que foi director. Realizou estudos sobre a arte románica e o monacato en Galicia. Foi director das agrupacións musicais Escolanía do mosteiro de Santa Cruz del Valle de los Caídos, Coral Polifónica e o Coro Encantiños do Umia, de Caldas de Reis, e Masa Coral Polifónica de E. D. de Pontevedra.

Obras [editar]

  • El Monacato en Galicia, 1972 (Premio Daniel de la Sota)
  • La cultura del románico en Galicia, 1972.
  • Rutas del Románico en la provincia de Pontevedra, 1973 (Premio Daniel de la Sota).
  • Comarcas históricas de la provincia de Pontevedra, 1976 (Premio Daniel de la Sota).
  • Influencias del Camino de Santiago en la cultura y el arte de Galicia, 1977.
  • La cultura del románico en Galicia, 1983
  • Boticas monacales y medicina naturalista en Galicia, 1983
  • Creencias del costumbrismo religioso en Galicia, 1991.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]