Hioki
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Hioki na prefectura de Kagoshima | |||
| Localización da prefectura de Kagoshima no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Illa de Kyūshū | ||
| Rexión | Rexión de Kyūshū | ||
| Prefectura | Prefectura de Kagoshima | ||
| Superficie | 253,06 km2 | ||
| Poboación | 51.005 (2009) | ||
| Densidade | 202 h/km² | ||
| Alcalde | |||
Hioki (日置市, ひおきし, Hioki-shi) é un concello da prefectura de Kagoshima no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kyūshū e ó oeste da prefectura, e ó oeste da peníinsula de Satsuma, na zona de provincia histórica de Satsuma, a illa de Kyūshū. A súa superficie é de 253,06 km² e a poboación de 51.005 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 202 h/km².
O concello de Hioki limita cos concellos de Ichikikushikino, de Satsumasendai, de Kagoshima e de Minamisatsuma.
Índice |
Historia [editar]
A cidade de Hioki foi fundada pola fusión de 4 concellos de vila do distrito de Hioki en 1 de maio de 2005.
Personaxes de sona [editar]
- Shigenori Tōgō (東郷 茂徳, とうごう しげのり, 1882 - 1950) - Foi diplomático e político e ministro de asuntos exteriores no primeiro momento (1941) e último momento (1945) da Guerra do Pacífico.