Hilario Camacho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hilario Camacho, nado en Chamberí (Madrid) o 8 de xuño de 1948 e morto na mesma cidade o 16 de agosto de 2006), foi un cantante e compositor español.

Cantautor todoterreo, Hilario Camacho comezou publicando pouco antes da morte do xeneral Franco e moveuse durante toda a súa carreira fóra dos circuítos tradicionais.

Durante o tempo que botou na universidade (de 1965 a 1968) iniciou unha traxectoria semiprofesional durante a que, a canda outros compañeiros, adaptaba poemas de autores como Antonio Machado, Federico García Lorca ou Miguel Hernández.

Foi coñecido fundamentalmente por unha canción, Tristeza de amor, que foi empregada como peza de abertura dunha serie de televisión homónima. Entre os seus traballos para a pequena pantalla tamén destaca a canción "David", da serie de animación David el gnomo. Tamén traballou como músico para montaxes de teatro de pequenas compañías de teatro independente e alternativo, así coma para o filme Lola.

Ademais, compuxo para artistas como Joaquín Sabina, María del Mar Bonet, Cómplices, Moncho Alpuente, Pedro Ruy Blas, Luz Casal ou Martirio.

En setembro de 993 actuou en Ourense, durante o encontro de cantautores do Xacobeo.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Ensayo 2 (1968). Disco recompilatorio universitario, de varios autores, onde Camacho inclúe dúas versións de poemas de Nicolás Guillén, "El son del desahucio" e "El fusilamiento".
  • A pesar de todo (1972)
  • De paso (1975)
  • La estrella del alba (1977)
  • La mirada del espejo (1981)
  • Subir subir (1986)
  • Gran ciudad (1986). Inclúe o tema "Tristeza de amor".
  • El mercader del tiempo. (1990)
  • Lo esencial (1991). Dobre recompilatorio.
  • Tristeza de amor (1994). Reedición de Gran ciudad con tres cancións novas.
  • En concierto (1997). Directo, con dous temas novos.
  • Lunático veneno (1998)
  • Madrid amanece (2002). Recompilatorio.
  • Arquitecto de sueños (2002). Recompilatorio.
  • No cambies por nada (2003)
  • Una mirada diferente (2006). Faleceu durante a súa produción.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]