Highball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cóctel tipo highball

Highball é o nome dun tipo de cóctel que se compón dunha base alcohólica licor e unha maior proporción dunha bebida sen alcohol ou refresco mesturada. Orixinalmente, o highball máis común era con whisky escoces e auga carbonatada,[1] o que hoxe se coñece como "whisky con soda".

O Online Etymology Dictionary suxire que o nome orixinouse ao redor de 1898 e probablemente derívase de ball que significa "bebida de whisky" e high, xa que se serve nun vaso alto. O nome pode referirse á práctica de servir bebidas no coche-comedor dos trens impulsados por locomotoras de vapor, cando o motor aumentaba á velocidade e a esfera (ball) que mostraba presión da caldeira atopábase no seu nivel máis alto, coñecido como "highballing". Ou o nome puido vir do sinal de ferrocarril que significa "pista libre por diante".[2] Exemplos ben coñecidos de highballs son o Bourbon con Coca-Cola, Cuba libre, whisky con soda, ou Gin Tonic. Un highball sérvese normalmente nun gran vaso de lados rectos, por exemplo, un Vaso Highball ou un Vaso Collins, con xeo.

Highballs[editar | editar a fonte]

  • Bourbon Highball
Whisky bourbon, ginger ale ou refrescos e un toque de limón
  • Caribou Lou
1 ½ partes Ron 151, 1 parte de Ron Malibu, e 5 partes de zume de ananás.[3]
Ron branco, cola e lima
Ron escuro e cervexa de xenxibre
Zume de laranxa e vodka
  • Ginger Whisky
Whisky canadiense, ginger ale
Xenebra e tónica
  • Greyhound
Tradicionalmente xenebra, ou vodka máis actualmente, e zume de pomelo.
Jack Daniel´s whisky de Tennessee con Coca-Cola.
  • Libbi's Label
Zume de laranxa e ron
Xenebra e refresco de pomelo ou zume de pomelo
Pisco, con cola e xeo
Ron e Coca-Cola.
Seagram 7 whisky e 7 Up, adornado cunha rodaxa de limón
Tequila, tónica con rodaxa de limón ou lima
  • Texas Highball
Jack Daniel´s whisky de Tennessee, té doce, xeo e limón.
  • Vodka Soda
Vodka e soda
  • Codka-Cola
1/4 vodka (preferiblemente Absolut), 1/3 de zume de limón, o resto é Coca Cola

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The 'Scotch Highball'". New York Times. March 25, 1904. p. 8. 
  2. Anthony J. Bianculli. Trains and Technology. University of Delaware Press. p. 134. 
  3. "Caribou Lou Recipe". http://www.drinksmixer.com/drink1124.html. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Highball

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]