High Energy Astronomy Observatory 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HEAO 2 / High Energy Astronomy Observatory 2 / Observatorio Einstein
Heao b.jpg
Representación artística de HEAO 2.
Tipo Científico
Organización NASA
Data de lanzamento 13 de novembro de 1978, 5:24 GMT[1][2][3]
Foguete portador Atlas-Centaur[2][4]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa 36B[2][5]
Obxectivo da misión Observación astronómica no rango dos raios X e dos raios gamma.[2][5]
Decaemento 25 de marzo de 1982[1]
NSSDC ID 1978-103A
Masa 3130,0 kg[4][2][5]
Dimensións Forma de poliedro de seis caras de 5,68 m de longo e 2,67 m de diámetro

HEAO 2 (acrónimo de High-Energy Astronomy Observatory 2), renomeado máis tarde como observatorio Einstein, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 13 de novembro de 1978 mediante un foguete Atlas-Centaur desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

HEAO 2 formou parte dunha serie de tres observatorios espaciais adicados á observación no rango dos raios X e raios gamma, continuando o traballo feito por satélites como o ANS, os satélites das series OSO e SAS e os satélites Vela.[2][4]

A misión de HEAO 2 era estudar fontes de raios X específicas e o fondo cósmico de raios X, localizar con precisión fontes no rango de enerxías entre 0,2 e 4,0 keV, facer medicións espectrais de alta sensibilidade e facer medidas de alta precisión de fontes transitorias de raios X.[2][4]

HEAO 2 era idéntico a HEAO 1, coa diferenza de levar volantes de inercia para permitir un apuntado cunha precisión de 1 minuto de arco. Estaba composto por un módulo de equipo (SEM, spacecraft equipment module), onde iba aloxado o equipo de control do satélite, e un módulo de experimentos (EM, experiment module) aloxando parte do sistema eléctrico e catro experimentos.[2][4]

HEAO 2 tiña forma de poliedro de seis caras de 5,68 m de longo e 2,67 m de diámetro, cun peso duns 3130 kg, incluíndo 1450 kg dos experimentos. A taxa de transmisión de datos era de 6,5 kb/s para transmisión en tempo real e de ata 128 kb/s para transmisións desde calquera das dúas cintas de almacenamento de datos de a bordo. Reentrou na atmosfera o 25 de marzo de 1982.[2][4][1]

Experimentos[editar | editar a fonte]

HEAO 2 levaba a bordo un telescopio de incidencia de raios X en cuxo plano focal podía colocarse un de varios experimentos posibles:[2][4]

  • High Resolution Imaging (HRI): unha cámara dixital de raios X para o rango entre 0,15 e 3,0 keV.
  • Imaging Proportional Counter (IPC): contador proporcional sensible á posición para o rango entre 0,4 e 4,0 keV.
  • Solid State Spectrometer (SSS): detector de litio e silicio arrefriado crioxénicamente para o rango entre 0,4 e 4,5 keV.
  • Bragg crystal spectrometer (FPCS): un espectrómetro de cristal de Bragg.
  • Monitor Proportional Counter (MPC): monitor para o rango entre 1 e 20 keV.
  • Un espectrómetro de banda ancha, Broad Band Filter (BBFS).
  • Objective Grating Spectrometer (OGS): un espectrómetro de incidencia.

Resultados[editar | editar a fonte]

HEAO 2 foi o primeiro observatorio en raios X en facer espectroscopía de alta resolución e estudos morfolóxicos de remanentes de supernovas. Ademais descubreu que as emisións das coroas de estrelas normais son máis intensas do esperado e resolveu varias fontes individuais na galaxia de Andrómeda e nas nubes de Magallanes. Tamén fixo o primeiro estudo de emisións de raios X por parte do gas galáctico e extragaláctico e detectou os chorros de raios X de Centauro A e de M87.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "HEAO 2" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=11101. Consultado o 13 de abril de 2013.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "HEAO 2" (en inglés). 27 de marzo de 2013. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1978-103A. Consultado o 13 de abril de 2013.
  3. "HEAO 2 / Einstein Observatory" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1978.html#HEAO-2. Consultado o 13 de abril de 2013.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 "HEAO 2 (Einstein)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2013. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/heao-2.htm. Consultado o 13 de abril de 2013.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "HEAO" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/heao.htm. Consultado o 13 de abril de 2013.
  6. "The Einstein Observatory (HEAO-2)" (en inglés). HEASARC. 26 de xuño de 2003. http://heasarc.gsfc.nasa.gov/docs/einstein/heao2.html. Consultado o 13 de abril de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: High Energy Astronomy Observatory 2

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]