Hifoloma de lamelas verdes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hifoloma de lamelas verdes
Hifoloma en Galiza
Hifoloma en Galiza
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Strophariaceae
Xénero: 'Hypholoma'
Especie: ''H. fasciculare''
Nome binomial
''Hypholoma fasciculare''
(Huds.:Fr.) P. Kumm.

A hifoloma de lamelas verdes ou feixe de xofre (Hypholoma fasciculare) é un fungo basidomiseto da familia Strophariaceae.[1] Adoita aparecer en feixes ou grandes grupos, dende a primavera até o inverno, principalmente sobre tocos de coníferas.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Chapeu de hemisférico a plano-convexo, de até 7 cm de diámetro. Marxe excedente, incurvado, con restos do veo universal e gretado coa idade. Cutícula de cor amarela sulfurosa, coa zona central apardazada. O himenio está formado por lamelas apertadas e adherentes; presenta lamélulas. De cor amarela-sulfurosa ao principio, despois averdadas e por último pardo oliváceas a violáceas. O é cilíndrico, oco, fibriloso e curvado, de cor amarela; de 5 a 12 cm de lonxitude e de 0,5 a 1 cm de groso.

Hábitat e época de aparición do cogomelo[editar | editar a fonte]

Feixe de xofre en Galiza

É un fungo saprófito; medra sobre madeira morta e tocos de piñeiros, sobreiras e caxigos polo outono. É moi frecuente en Galiza nos piñeirais, especialmente no sur do país.

Comestibilidade[editar | editar a fonte]

É un fungo velenoso e moi tóxico, mais doado de identificar. A carne é amarelenta, de cheiro a iodo e sabor amargo.

Ollo! Cómpre ter en conta que a inxesta de cogomelos pode ser mortal e polo xeral non son doados de identificar, sempre seguir as recomendacións dun experto.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Agaricus fascicularis Fr. 1821
  • Agaricus fascicularis Huds. 1778
  • Agaricus sadleri Berk. & Broome 1879
  • Clitocybe sadleri (Berk. & Broome) Sacc. 1887
  • Dryophila fascicularis (Fr.) Quél. 1888
  • Dryophila fascicularis var. fascicularis (Fr.) Quél. 1888
  • Geophila fascicularis (Fr.) Quél. 1886
  • Hypholoma fasciculare (Fr.) P. Kumm. 1871
  • Naematoloma fasciculare (Fr.) P. Karst. 1880
  • Naematoloma fasciculare var. fasciculare (Fr.) P. Karst. 1880
  • Pratella fascicularis (Fr.) Gray 1821
  • Psilocybe fasciculare (Fr.) Kühner 1980
  • Psilocybe fascicularis var. fascicularis (Huds.) Kühner 1980

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.catalogueoflife.org/testcol/details/species/id/5927106
  2. Grüner, H. y Grüner, R. (1986) (en castelá). Setas. pp. 290. ISBN 84-87535-11-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hifoloma de lamelas verdes
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hifoloma de lamelas verdes