Hierve el Agua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista desde abaixo da cascada principal.
Vista lateral dunha das cascadas.

Hierve el Agua é un sistema de cascadas petrificadas, formadas por carbonato de calcio. As cascadas son de orixe natural e formáronse hai miles de anos, polo escorregamento de auga con alto contido de minerais. O lugar sitúase a uns 50 km da cidade de Oaxaca, na poboación de San Isidro Roaguía, municipio de San Lorenzo Albarradas, estado de Oaxaca, en México, nas proximidades da zona arqueolóxica de Mitla e a 630 km da Cidade de México.

É tamén un lugar de interese arqueolóxico, pois posúe un complexo sistema de irrigación e terrazas construído polos zapotecas hai uns 2500 anos.

A auga posúe unha temperatura duns 25 °C e as cascadas teñen entre 12 e 30 metros de alto. O manancial que deu orixe ás cascadas aproveitouse para formar unha grande alberca que actualmente funciona como balneario natural polas súas augas termais. Ademais, na zona hai algunhas pozas naturais escavadas desde onde se poden observar as cascadas petrificadas.

As augas termais, o ambiente natural característico e o sitio arqueolóxico permitiron que actualmente sexa un sitio de interese ecoturístico.

A única cascada similar é a de Pamukkale, situada en Turquía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]