Hidrogenesse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hidrogenesse
Hidrogenesse.jpg
concerto en Pontevedra 18-10-2008
Orixe Barcelona, Cataluña Flag of Catalonia.svg
Período 1997-
Xénero(s) Pop
Selo(s) discográfico(s) Austrohúngaro
Membros Carlos Ballesteros e Genís Segarra
Web oficial Web oficial


Hidrogenesse é un grupo barcelonés de pop, formado por Carlos Ballesteros (voz) e Genís Segarra (teclados). En activo desde 1997, non publicaron ningún traballo ata o 2000, cando se editou o sinxelo "Así se baila el siglo XX", un acercamento cínico e intelixente ó novo milenio a través das invencións do século XX.

No seguinte disco, Eres PC, eres Mac (2001), volveron facer gala do seu peculiar sentido do humor. Este ep inclúe unha versión do tema "Technical (you're so)" de The Magnetic Fields, grupo do que se declaran devotos.

Un ano despois publicouse o seu primeiro álbum, Gimnàstica passiva, composto por dez cancións de temática diversa, como Luis de Góngora, Kurt Cobain, The Smiths, os cabaliños de feira, e un sinfín de referencias do seu extravagante maxín.

En 2007 publicouse un novo álbum, Animalitos, gravado con Alfonso Melero, batería do grupo murciano Hello Cuca. Son basicamente temas que xiran arredor dos animais, como "Disfraz de tigre" ou "Caballos y ponis", aínda que tamén inclúen versións, como "El vestir d'en Pasqual", un número de music-hall catalán popularizado nos anos 70 por Guillermina Motta. O disco contén influencias de glam rock, guitarras suxas, sintetizadores analóxicos e unha gran presenza de saxofón.

En 2008 publicouse Bestiola, un "epílogo ó ano 2007", que inclúe os temas máis tocados en directo, novas gravacións de temas antigos, descartes de Animalitos e unha versión.

Influencias[editar | editar a fonte]

Segundo eles mesmos, as súas influencias máis directas son The Smiths e Morrissey, The Associates, Sparks, Pet Shop Boys e The Magnetic Fields. Porén, recoñecen que as súas novas cancións son máis cercanas ó grupo alemán La Düsseldorf e ó glam dos ingleses The Glitter Band.

Historia recente[editar | editar a fonte]

Desde o lanzamento de Gimnàstica passiva en 2002 ata Animalitos en 2007 actuaron moi pouco en directo, xa que Genís forma parte tamén de Astrud, grupo que goza de maior éxito, polo que Hidrogenesse é considerado máis ben un proxecto paralelo e menor. De calquera modo, siguen dando concertos de vez en cando, sobre todo nas festas organizadas polo selo discográfico Austrohúngaro, co que editan os seus discos.

Trala saída de Animalitos actuaron en Aragón, o País Valenciano, Madrid, Andalucía, Euskadi, Castela-A Mancha, Castela León, Galiza, Murcia, A Rioxa e Cataluña.

Tamén participaron nunha homenaxe ó grupo Surfin' Bichos, versioneando a canción "Fuerte".

Discografía[editar | editar a fonte]

  • "Así se baila el siglo XX", CD-Sinxelo (2000)
  • Eres PC, eres Mac, EP (2001)
  • Gimnàstica passiva, CD-Álbum (2002)
  • Animalitos, CD-Álbum (2007)
  • Bestiola, CD-Álbum (2008)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]