Hidetoshi Nakata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hidetoshi Nakata

Hidetoshi Nakata (中田 英寿, なかた ひでとし 22 de xaneiro de 1977 en Kōfu na prefectura de Yamanashi), é un futbolista retirado. Un dos futbolistas asiáticos máis recoñecidos da súa xeración.

Comezou a súa carreira profesional en 1995, fíxose coñecido ao gañar a Copa da Federación Asiática de Fútbol en 1997 e 1998 xogando co Shonan Bellmare, tamén gañou o Scudetto co AS Roma en 2001, xogou coa selección nacional do Xapón en tres Mundiais (1998, 2002 e 2006) e nos Xogos Olímpicos dúas veces (1996 e 2000). O seu último equipo foi o Bolton Wanderers F.C da Premier League inglesa. Nakata retiouse o 3 de xullo de 2006 aos 29 anos de idade.