Hideo Kojima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Hideo Kojima

Hideo Kojima (en xaponés 小島秀夫), nado en Setagaya (Toquio) o 24 de agosto de 1963, é un popular deseñador de videoxogos que en 2009 traballaba na compañía xaponesa Konami. Inicialmente foi o vicepresidente de Konami Computer Entertainmet Japan, exercendo máis tarde o cargo de creador de videoxogos Kojima Productions, cun novo equipo dedicado ao desenvolvemento de videoxogos creativos deixando de lado as decisións económicas e administrativas. Hideo Kojima é o creador e director de varios videoxogos exitosos incluíndo franquicias como Metal Gear, Snatcher e Policenauts. Tamén produciu xogos como Zone Of The Enders e Boktai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mudouse a Kōbe aos tres anos. Inicialmente tendo a ambición de converterse en director de películas, uniuse á casa produtora de videoxogos Konami como deseñador en 1986.

Xogaba con varias ideas por tanto tempo que os seus co-traballadores falaban de cousas como "¿Porqué non términas o xogo antes de que morras?" O primeiro xogo no que traballou foi Penguin Adventure como asistente do director e o primeiro xogo que desenvolveu foi Lost Wald, un xogo bélico de plataformas que tiña como protagonista a unha Loitadora enmascarada en 1986, sen embargo este último foi cancelado pola compañía.

O primeiro videoxogo de Hideo Kojima en ver a luz foi Metal Gear, lanzado ao mercado en 1987 cun gran éxito entre os critícos, para a computadora persoal MSX 2. O sistema MSX foi un gran éxito en Xapón, Europa, Brasil e a Unión Soviética, pero mantívose na escuridade en Estados Unidos e outros países. Varias persoas (especialmente americanos) non xogaron ao xogo ata que foi convertido ao NES, e incluso sufriu varios cambios durante o proceso no que Kojima non estivo directamente involucrado.

O xogo presentaba a Solid Snake, un soldado quen foi enviado ao estado fortificado de "Outer Heaven" para deter a Metal Gear, un tanque caminante equipado con armas nucleares. O xogo foi único por ser o primeiro no estilo inflitración, onde o xogador é retado a non facer contacto visual co inimigo, para evitar un confrontamento directo (isto foi feito debido ás limitacións graficas do sistema MSX, xa que o hardware non podía manexar ben o desprazamento de escena, nin mostrar moitos obxectos movéndose ao tempo). Tamén lanzou o aclamado Snatcher, en 1988, un xogo de aventura gráfica ambientado na Guerra Fría e con estilo ciber-punk.

En 1990, Kojima lanzou Metal Gear 2: Solid Snake para MSX, só en Xapón. O xogo foi aclamado pola súa sofisticada xogabilidadw e intrigante historia, a cal introduciu significantes cambios á serie Metal Gear, dos cales moitos foron levados a "Metal Gear Solid". Foi de gran importacia as significativas caracterizacións das personaxes do xogo e o gran énfase dado á historia, que foi ampliada co uso de escenas curtas. Outros cambios importantes foron o mejoramiento da IA dos soldados inimigos, a habilidade para arrastrarse e o uso do radar, entre outras melloras. Pese ao éxito en Xapón, o xogo nunca foi lanzado en Occidente ata a inclusión en Metal Gear Solid 3: Subsistence (en PS2) no 2006.

En 1992 refixo Snatcher para PC Engine baixo o título de Snatcher CD-ROMantic (o cal logo foi importado a Sega CD. O xogo só é oficial na version en inglés), e en 1994 deseñou Policenauts, un xogo de aventura baseado nunha película de ciencia ficción situado nunha colonia espacial (ás veces visto como unha "secuela espiritual" de Snatcher). Snatcher e Policenauts foron grandes éxitos en Xapón. Tamén produciu unha serie de xogos baseado na serie Tokimeki Memorial dating sim, que foron feitos co mesmo motor usado en Policenauts.

Co lanzamento de Metal Gear Solid en 1998 para Playstation, Kojima converteuse nunha celebridade internacional entre os xogadores. Metal Gear Solid foi o primeiro na serie Metal Gear en usar gráficos 3D e voces de actores, o cal daba unha experiencia máis cinematografica ao xogo. MGS foi moi ben recibido polo seu estilo de xogo ben deseñado, e a historia e as súas personaxes, as cales introducían temas de proliferación nuclear e enxeñería xenética.

A principios do 2000, Kojima lanzou os primeiros detalles da secuela de Metal Gear Solid, Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty, para Playstation 2. Os altos detalles gráficos do xogo, a física e a xogabilidade ampliada, fixérono rapidamente o xogo máis esperado do ano. No seu lanzamento o xogo foi un éxito e aclamado pola crítica polos seus gráficos, xogabilidade e historia. Aínda así, o xogo foi recidibo en forma negativa polos fanáticos debido á inesperada introdución dun novo protagonista. Antes do lanzamento de MGS2, Kojima produciu o xogo e a franquía de anime Zone of the Enders en 2001, cun éxito moderado. Ambos Metal Gear Solid foron lanzados para PC. Só o primeiro Metal Gear Solid foi dobrado ao castelán. O resto só viñeron subititulados.

No 2003 produciu Boktai: The Sun Is in Your Hand para Game Boy Advance. Aquí o xogador tomaba o rol dun mozo cazador de vampiros quen usaba un arma solar que era cargada por un sensor fotométrico no cartucho do xogo (forzándoos a xogar á luz do día). Tamén comezou a traballar en Metal Gear Solid: The Twin Snakes para Game Cube, unha reprodución do primeiro Metal Gear Solid, con todas as melloras de Metal Gear Solid 2 e con escenas curtas redirixidas polo director de películas de acción e horror Ryuhei Kitamura. O xogo foi lanzado en 2004.

Máis tarde, Kojima deseño e lanzou Metal Gear Solid 3: Snake Eater para Playstation 2, o cal se situaba en 1964 (en plena Guerra Fría) introducindo temas de supervivencia en áreas de bosque e selvas, e camuflaxes para evadir aos inimigos. A versión Norteamericana foi lanzada o 17 de novembro de 2004, mentres que a xaponesa seguiuna o 16 de decembro. A versión Europea foi lanzada o 4 de marzo de 2005. A resposta da crítica foi máis favorable cá da entrega anterior e fixo aumentar o interese na historia de toda a serie. Explicou o inicio dos Filósofos e algún aspecto máis da trama.

Nese entón, Kojima tamén traballaba na secuela de Boktai, Boktai 2: Solar Boy Django para Game Boy Advance, lanzado en verán do 2004. Este xogo aumentou o uso do sensor solar do cartucho, permitindo ós xogadores combinar novas armas solares. Tamén foi lanzado Metal Gear Ac!d para a portátil Playstation Portable. Este xogo baseado en quendas ten menos acción que os outros Metal Gear e está enfocado máis na estratexia. Máis tarde saíron tamén para PlayStation Portable, Metal Gear Acid 2 e Metal Gear Solid: Portable Ops

Traballos[editar | editar a fonte]

Serie "Metal Gear"[editar | editar a fonte]

Serie Lunar Knights[editar | editar a fonte]

Serie Boktai[editar | editar a fonte]

Serie Zone of the Enders[editar | editar a fonte]

Serie Tokimeki Memorial Drama[editar | editar a fonte]

Serie Snatcher[editar | editar a fonte]

Outros Xogos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]