Hicham El Guerrouj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hicham el Guerrouj»)
Infotaula de personaHicham El Guerrouj

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) هشام الكروج Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Birkani, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMarrocos Editar o valor em Wikidata
Altura181 cm Editar o valor em Wikidata
Peso58 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista , mediofondista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaMarrocos Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivacorrida de meia-distância (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: Elguerroujhicham IAAF: 14212038 Olympic.org: hicham-el-guerrouj Editar o valor em Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Prata Sydney 2000 1.500 m
Ouro Atenas 2004 1.500 m
Ouro Atenas 2004 5.000 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Prata Gotemburgo 1995 1.500 m
Ouro Atenas 1997 1.500 m
Ouro Sevilla 1999 1.500 m
Ouro Edmonton 2001 1.500 m
Ouro París 2003 1.500 m
Prata París 2003 5.000 m

Hicham El Guerrouj (Árabe: هشام الكروج), nado o 14 de setembro de 1974 en Berkane (Marrocos) é un atleta mediofondista xa retirado.[1] Posúe o récord dos 1500 metros (3:26.00), da milla (3:43.13) e dos 2.000 metros (4:44.79), e foi alcumado no seu momento coma o "Rei da Milla". Anunciou a súa retirada o 22 de maio de 2006, logo de que un virus primeiro e máis tarde unha lesión nas costas o tivesen practicamente apartado das pistas durante dous anos.

A súa carreira deportiva foi merecente de varios recoñecementos, coma o premio ao esforzo humanitario da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF), que recibiu en 1996. Tamén é embaixador de boa vontade da UNICEF. El Guerrouj foi designado mellor atleta do ano pola IAAF en 2001 e en 2002, logo de quedar invicto en máis de vinte probas, co que se converteu no primeiro home en obter o galardón de atleta do ano por dúas veces consecutivas desde que se creou en 1988. Tamén no 2002 foi designado mellor atleta do ano, a canda a británica Paula Radcliffe, pola revista especializada Track and Field News. En 2003 escollérono membro do Comité de Atletas da IAAF. O 7 de setembro de 2004, Hicham El Guerrouj foi condecorado co "Cordon de Commandeur" polo rei Mohamed VI de Marrocos. Tamén nese ano 2004 recibiu o Príncipe de Asturias dos Deportes polo seu "firme compromiso co deporte e coa sociedade e especialmente coa mocidade e cos máis necesitados".

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira actuación internacional destacada de Hicham El Guerrouj produciuse en 1992, cando quedou terceiro nos 5000 do Mundial júnior de Seúl. Acadou relevo internacional a mediados dos anos noventa cando rozou os récords dos 1500 metros e da milla. Cando tiña só vinte anos conseguiu a medalla de prata nos 1500 m do Mundial de atletismo de 1995, en Gotemburgo. En 1996, logo de facer a súa plusmarca en 1500 en Estocolmo cun tempo de 3:29:51, era un dos grandes favoritos para apañar o ouro olímpico. Pero nos Xogos de Atlanta quedou no posto 12º, levando a vitoria Noureddine Morceli. Contra a fin daquela tempada, no mitin de Milán El Guerrouj conseguiu ser o primeiro en derrotar a Morceli nos 1500, logo de catro anos de invenciblilidade do alxeriano.

Nos anos que seguiron, El Guerrouj converteuse no único mediofondista en obter catro títulos mundiais consecutivos en 1997, 1999, 2001 e 2003. No mitin de Roma de 1998, El Guerrouj fendeu o récord mundial de Morceli sobre os 1500 m, que era de 3:27.37, ao rebaixalo en máis dun segundo (3:26.00).[2] A plusmarca mundial da milla de Morceli caeu ao ano seguinte, tamén en Roma, ao fixar El Guerrouj a marca en 3:43.13. Nesa mesma tempada bateu o récord mundial de 2000, desta volta en Berlín, deixándoo en 4:44.79. En 1999 conseguiu en Bruxelas a segunda mellor marca de todos os tempos no 3000 m (7:23.09). O mellor tempo persoal na distancia seguinte, os 5000, obtívoo en Ostrava en 2003, con 12:50.24.

Logo da prata de Sydney, onde rematara segundo, as súas esperanzas de subir ao máis alto do podio olímpico pasaban por Atenas. Na capital grega El Guerrouj conseguiu a maior das súas proezas, ao obter o ouro tanto nos 1500 coma nos 5000, algo que non acontecía dende os tempos do finlandés Paavo Nurmi, que o acadara en 1924, oitenta anos antes. Nos 1500 deu corrido os últimos 800 nuns trepidantes 1:46 para imporse sobre o queniano Bernard Lagat. Na longa distancia superou o gran favorito, o etíope Kenenisa Bekele.

Hicham El Guerrouj gañou por tres veces consecutivas a Golden League da IAAF, en 2001, 2002 e 2003, o único home que puido facelo.

Mellores marcas persoais[editar | editar a fonte]

Distancia Tempo Data Lugar
800 m 1:47.18 02-06-1995 Adestrando
1000 m 2:16.85 12-07-1999 Niza
1500 m 3:26.00[3] 14-07-1998 Roma
Milla 3:43.13[3] 07-07-1999 Roma
2000 m 4:44.79[3] 07-09-1999 Berlín
3000 m 7:23.09 03-09-1999 Bruxelas
5000 m 12:50.24 12-03-2003 Ostrava

Títulos[editar | editar a fonte]

1.500 metros Posición Tempo Lugar Data Título
Xogos Olímpicos 1 3:34.18 Atenas 24-08-2004 Ouro
Mundial 1 3:31.77 París 27-07-2003 Campión do mundo
Mundial 1 3:30.68 Édmonton 05-08-2001 Campión do mundo
Xogos Olímpicos 2 3:32.32 Sydney 29-09-2000 Prata
Mundial 1 3:27.65 Sevilla 24-08-1999 Campión do mundo
Grand Prix 1 3:26.00 [3] Roma 14-07-1998 Recordman mundial
Mundial 1 3:35.83 Atenas 06-08-1997 Campión do mundo
Mundial de pista cuberta 1 3:35.31 París 08-03-1997 Campión do mundo
Grand Prix 1 3:31.18 Stuttgart 02-02-1997 Recordman mundial
Mundial 2 3:35.28 Gotemburgo 13-08-1995 Prata
Mundial de pista cuberta 1 3:44.54 Barcelona 11-03-1995 Campión do mundo


Milla Posto Tempo Lugar Data Título
Grand Prix 1 3:43.13 [3] Roma 07-07-1999 Recordman mundial
Grand Prix 1 3:48.45 Gent 12-02-1997 Recordman mundial


2.000 metros Posto Tempo Lugar Data Título
Final do Grand Prix 1 4:44.79 [3] Berlín 07-09-1999 Recordman mundial


3.000 metros Posto Tempo Lugar Data Título
Mundial de pista cuberta 1 7:37.74 Lisboa 11-03-2001 Campión do mundo


5.000 metros Posto Tempo Lugar Data Título
Xogos Olímpicos 1 13:14.39 Atenas 28-08-2004 Ouro
Mundial 2 12:52.83 París 31-08-2003 Prata

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Guerrouj, Hicham. Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition. Chicago (en inglés).
  2. Hicham el Guerrouj, Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium DVD (en castelán).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Actual récord do mundo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]