Heterocongrinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heterocongrinos
Heterocongrinae
Heteroconger hassi
Heteroconger hassi
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Suborde: Congroidei
Familia: Congridae
Subfamilia: Heterocongrinae
Günther, 1870
Xéneros

A dos heterocongrinos (Heterocongrinae) é unha subfamilia que comprende dous xéneros de peixes pertencentes á familia dos cóngridos, que inclúen varias especies denominadas, na terminoloxía internacional, como heterocongros, anguías de xardín ou anguías tubícolas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Estes peixes pequenos, longos e delgados (máximo 40 cm de lonxitude e 15 mm de diámetro) teñen a particularidade de viviren medio enterrados nun tubo vertical escavado no fondo areoso, e de teren o corpo revestido dunha mucosidade secretada por uns órganos especiais secretores da pel do animal. Teñen a punta da cola modificada para asegurar que estean firmemente ancorados ao substrato, e nunca saen totalmente fóra do seu burato, mesmo nin para reproducírense. Os seus ollos posúen unha visión binocular. A súa liña lateral está modificada, e ao máis leve movemento da auga, agóchanse e no seu tobo. A cabeza proxéctase cara a adiante, e capturan o zooplancton traído polas correntes a través da boca situada cara a arriba. Viven en colonias (chamadas xardíns) e a miúdo chegan a reunírense nelas centos de individuos, xeralmente dispostos a distancias iguais entre si. Adoita ocorrer que os "xardíns" comprenden varias especies de diferentes heterocongros.[1] [2]

Distribución[editar | editar a fonte]

Estes peixes habitan nas augas cálidas dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico (incluínso o mar Caribe, e no mar Vermello.[1] [2] As colonias estás situadas en fondos desde 1 m até máis de 300 m de profundidade. A nedida que se descende as colonias son máis grandes, pero son raras máis alá dos 200 m, xa que a luz é demasiado débil como para permitir que os heterocongros vexan ás súas presas.

As colonias dos heterocongros sempre están situadas en ladeiras areosas expostas á corrente, de modo que poden capturar constantemente ás súas presas, pero sempre ao abrigo das ondas.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Os heterocongros teñen un modo de reprodución sexual. No abandonan xamais o seu tobo, nin para reproducirse. Cando desovan, os machos e as femias máis próximos entretecen os seus corpos e soltan os espermatozoides e os óvulos na auga. Una vez fecundados, os ovos convértense de larvas leptocéfalas que, desde que alcanzan o estadio de xuvenís, se unen á colonia e crean os seus tobos na periferia, de maneira que o xardín está crecendo constantemente.

Clasificación: xéneros e especies[editar | editar a fonte]

A sufamilia comprende dous xéneros cun total de 35 especies:

Subfamila Heterocongrinae

Xénero Gorgasia Meek & Hildebrand, 1923


Xénero Heteroconger Bleeker, 1868

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2012): "Species of Gorgasia" in FishBase.
  2. 2,0 2,1 Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2012): "Species of Heteroconger" in FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Heterocongrinos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Heterocongrinos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Eichler, Dieter e Robert F. Myers (1997): Korallenfische Zentraler Indopazifik. Hambueg: Jahr Verlag. ISBN 3-86132-225-0.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Patzner, Robert A. e Horst Moosleitner (1999): Mergus Meerwasser-Atlas Band 6. Melle: Mergus-Verlag. ISBN 3-88244-116-X.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]