Hetepsekhemui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHetepsekhemui
Biografía
Nacementoséculo XXIX a. C. Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XXIX a. C. Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSaqqara Editar o valor em Wikidata
Faraón
Q110644534 Traducir
Q110644602 Traducir
Raneb → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntigo Exipto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor em Wikidata
FamiliaSegunda Dinastía de Exipto Editar o valor em Wikidata
FillosRaneb Editar o valor em Wikidata

Hetepsekhemui foi o primeiro faraón da segunda dinastía de Exipto; reinou c. -2828 - -2800 (von Beckerath)

O seu nome significa "Os dous poderes está en paz", o que parece aludir ao remate das loitas entre o Baixo Exipto e o Alto Exipto.

Manetón denomínao Boetos, segundo Xulio Africano, ou Bocos, na versión armenia de Eusebio de Cesarea, e asígnalle 38 anos de reinado.

O Canon Real de Turín indica 95 anos para Bau... (fragmento).

Considéraselle o iniciador da dinastía II, pero non se sabe con certeza que relación existiu entre el e a dinastía anterior, pois se cre que non foi fillo de Qaa. É posible que Hetepsekhemui chegase ao trono casando cunha princesa.

A partir do seu reinado deixan de usarse as tablillas epónimas da Primeira dinastía e substitúeas por impresións de selos cilíndricos. Isto proporcionaranos os nomes dos funcionarios, pero non información sobre sucesos políticos ou relixiosos.

Segundo Manetón na súa época abriuse unha greta no chan de Bubastis na que pereceron numerosas persoas.

Crese que Hetepsekhemui foi apartado do trono mediante un complot organizado polo seu propio irmán.

Testemuños da súa época[editar | editar a fonte]

  • A súa tumba identificouse en Saqqara; a estrutura enterrada perdurou pero non quedan restos da cubrición.
  • Impresións de selo nunha galería baixo a pirámide de rei Unis en Saqqara; quizais a tumba de Hetepsekhemui (Maspero)
  • Fragmento do recipiente de Qau (Brunton)
Predecesor:
Qaa
Faraón
Segunda Dinastía
Sucesor:
Raneb