Herut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Herut (hebreo: חרות - liberdade) foi o partido político do sionismo revisionista en Israel. Era conservador e nacionalista e converteuse na principal oposición ao Partido Laborista.
Fundouse en 1948 e dirixiuno Menachem Begin ata 1983, e despois Yitzhak Shamir. En 1965 formou co Partido Liberal de Israel o bloque Gahal, aínda así Herat mantivo a súa organización dentro do novo partido e dominou a nova formación. En 1973 Gahal uniuse con outros partidos de dereitas para formar o Likud, no que de novo Herut mantivo un papel dominante e os principais líderes do Likud foron os de Herut. En 1988 o Likud converteuse nun partido e Herut deixou de existir.
No primeiro Knesset do Estado de Israel, Herut conseguíu 14 escanos, progresivamente foi aumentando a súa base electoral, en especial polos que se opuñan á política do primeiro ministro laborista David Ben-Gurion, especialmente entre os emigrantes de orixe sefardí. En 1967, xa como parte de Gahal, tiña 22 escanos e uniuse ao goberno de unidade nacional durante a Guerra dos seis días, deixándoo en 1970 polo seu desacordo co Plan Rogers. En 1977 trala vitoria do Likud nas eleccións entrou de novo no goberno
En 1998 disidentes do Likud crearon novo partido Herut, dirixido por Benny Begin.