Hersey Hawkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hersey Hawkins
Posición Escolta
Dorsal 3, 33
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Nacemento 29 de setembro de 1966 (57 anos)
Chicago, Illinois
Carreira
Universidade Bradley (1984-1988)
NBA Draft 1988 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por Los Angeles Clippers
Tempadas 19882001
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     14 470
Rebotes     3 466
Roubos     1 622
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Hersey R. Hawkins, Jr., nado en Chicago (Illinois) o 29 de setembro de 1966, é un antigo xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Hersey pasou catro tempadas na Universidade de Bradley. Na tempada 1987-1988, 36.6 puntos por partido, a marca máis alta na División I da NCAA, e foi escollido xogador universitario do ano do país. A súa carreira baloncestística na universidade foi moi exitosa. Antes de ser drafteado na NBA, foi membro da selección de baloncesto dos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl xunto a outras once futuras estrelas da NBA, adestrados por John Thompson.

NBA[editar | editar a fonte]

Philadelphia 76ers[editar | editar a fonte]

Foi elixido na 6ª posición no Draft da NBA de 1988 polos Los Angeles Clippers, pero os seus dereitos foron traspasados inmediatamente aos Philadelphia 76ers, a cambio dos dereitos do seu antigo compañeiro das Olimpiadas de 1988, Charles Smith. Nos Sixers, "Hawk" foi a segundo opción de anotación por detrás de Charles Barkley. Hawkins foi escollido no segundo equipo de Rookies da NBA en 1989. En 1991, acadou 22.1 puntos por partido, e xogou o NBA All-Star Game. Nun partido contra os Orlando Magic, anotou 43 puntos, a mellor marca da súa carreira.

Charlotte Hornets[editar | editar a fonte]

En 1993, Hawkins foi traspasado aos Charlotte Hornets a cambio de Dana Barros, Sidney Green e eleccións do Draft. En 1994, colleu 14 rebotes, o maior número acadado na súa carreira, contra os Houston Rockets.

Seattle SuperSonics[editar | editar a fonte]

Tras dúas tempadas produtivas en Charlotte, Hawkins e David Wingate foron traspasados aos Seattle SuperSonics a cambio de Kendall Gill. En 1996, xogou un papel importante no equipo, sendo un bo complemento de Gary Payton, Detlef Schrempf e Shawn Kemp, nos Sonics que chegaron ás Finais da NBA, pero perderon por 2-4 contra os Chicago Bulls.

Na súa derradeira tempada en Seattle, gañou o premio ao xogador máis deportivo da NBA.

Chicago Bulls[editar | editar a fonte]

O 12 de agosto de 1999, Hawkins foi traspasado aos Chicago Bulls, pero a súa etapa dun ano en Chicago foi moi pobre debido ás lesións, e tan só fixo 7.9 puntos por partido en 61 encontros.

Regreso a Charlotte[editar | editar a fonte]

Chegou de volta a Charlotte coma axente libre no ano 2000, e retirouse no ano 2001, cun total de 14.470 puntos anotados na súa carreira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]