Herminio Barreiro
Herminio Barreiro Rodríguez, nado en Dorrón, Sanxenxo[1][2] en 1937 e finado en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 2010[3], foi un docente e pedagogo galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Herminio Barreiro Calvete, mestre socialista encarcerado durante a Guerra Civil española[4], pasou a súa infancia en Cerdedo, onde a súa nai fora destinada como mestra. Estudou bacharelato en Pontevedra e a partir de 1958 Filosofía e Letras en Madrid. Alí, xunto a outros galegos que estaban estudando na universidade, fundou o grupo Brais Pinto.
Nos anos sesenta (1965) marchou a Francia a dar clase de español, e nese país afiliouse ao Partido Comunista de España.
De volta en Galicia, traballou como profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC e publicou diversos traballos relacionados principalmente con temas históricos e educativos. Tamén dirixiu o anuario de historia da educación Sarmiento. Foi colaborador de prensa diaria e participou en diversas empresas culturais. Politicamente estivo durante boa parte da súa vida vencellado ao Partido Comunista e a Esquerda Unida, pola que se presentou como candidato a distintas eleccións municipais en Santiago[5].
Obra en galego [editar]
Ensaio [editar]
- Retallos para un tempo distinto, 1992, Edicións do Castro.
- No solar galego de Camoens, 2002, edición de autor.
- Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), 2008, Xerais.
- Memoria crítica da escola desde a universidade (historia mínima dun curso especial na USC), 2011, Universidade de Santiago de Compostela.
Obras colectivas [editar]
- Historia da educación. Textos comentados, 1994 (con Vicente Peña Saavedra).
- Neste silencio: Arredor de Uxío Novoneyra, 2000, Noitarenga.
Obra en castelán [editar]
Ensaio [editar]
- Lorenzo Luzuriaga y la renovación educativa en Galicia, 1989.
Obras colectivas [editar]
- La institución escolar. Una creación del Estado moderno, 2005 (con Aida Terrón Bañuelos).
Notas [editar]
- ↑ Homenaxe de despedida a Herminio Barreiro nun acto cívico en Sisán, Web de Edicións Xerais, 8/11/2010.
- ↑ En lembranza de Herminio Barreiro, por Xosé Abilleira Sanmartín, A Nosa Terra, 8/11/2010
- ↑ O "mestre de mestres" Herminio Barreiro morre en Santiago aos 73 anos, por A. R. López, El Correo Gallego, 7/11/2010.
- ↑ Herminio Barreiro Calvete, Web de Nomes e Voces.
- ↑ Candidaturas ás eleccións de 1999, Vieiros
- ↑ Nova da morte de Barreiro, o 6 de novembro de 2010 en Xornal de Galicia
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Pensar non doe, monográfico sobre Herminio Barreiro en Galicia Hoxe o 19 de xuño de 2008.