Heriberto Quiñones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeriberto Quiñones

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Heriberto Quiñonez González Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Besarabia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de outubro de 1942 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAurora Picornell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Heriberto Quiñones González, nado en 1907 e finado en Madrid o 2 de outubro de 1942, foi un albanel e militante comunista de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se coñece o seu nome verdadeiro nin a súa procedencia. Especúlase que procede de Besarabia, en territorio disputado entre Rusia e Romanía.

Antes do ano 1936 fora detido en varias ocasións polas súas actividades revolucionarias. Durante a guerra civil española formou parte en Valencia do Comité Provincial do Partido Comunista. Trala fin da guerra foi detido e internado no campo de concentración de Albatera e posteriormente nun cárcere en Valencia, mais foi liberado polo avanzado da súa tuberculose.

Detido varias veces máis pola súa actividade clandestina, en 1941 trasladouse a Madrid onde se converteu no responsable e organizador nacional do PCE na clandestinidade. Máis existía contra el un forte rexeitamento, sobre todo polos comunistas exiliados. Así o partido viuse afectado polas purgas e o propio Heriberto Quiñones foi acusado de traidor, delator e axente británico. Mais non só o acusaron, senón que un compañeiro o delatou e foi detido o 30 de decembro de 1941. Nos cárceres franquistas foi torturado salvaxemente, aínda que non confesou nin o seu domicilio, e crebáronlle o espiñazo. No cárcere deuse de conta que foi expulsado do Partido Comunista. No seu consello de guerra recoñeceu orgulloso ser o máximo dirixente do PCE no interior.

Foi condenado a morte e fusilado o 2 de outubro de 1942 contra as tapias do Cementerio del Este de Madrid sentado nunha cadeira, ó non poder terse en pé debido as torturas franquistas. As súas derradeiras palabras foron "Viva la Internacional Comunista".[1] Xunto a el foron fusilados os seus axudantes na dirección do PCE, Luis Sendín e Ángel Cardín.

Non foi rehabilitado no PCE ata o ano 1986, xa que o acusaban de traidor e "prea infiltrada".[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Juliá, Santos (coord.), Víctimas de la guerra civil (1999), Ediciones Temas de Hoy.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]